martes, 20 de abril de 2010

Comentario webs. Boris

Aínda que onte non puiden subir ao blog o meu comentario sobre as webs por problemas coa miña conexión fagolo hoxe, tendo en conta sempre que é unha mera opinión e que non son o indicado pa xulgar o traballo e o esforzo de ninguén:

FRIKISPORTS

Pareceme que a paxina web ten unha boa falsa portada, o feito de que sexa animada dalle máis mérito ó traballo. Gustame a organización xeral da páxina pero creo que as fotos deberían gardar un patrón para insertalas na web xa que unhas son máis grandes outras moi pequenas unhas vense alargadas outras moi comprimidas. Interesante o feito de estar presente nas redes sociais xa que é fundamental para unha web hoxe en día. Nota 7,5

BANG

Unha das miñas páxinas favoritas sen dubida xa que se ve moi traballada, a presencia das animacións flash en forma de pistola pareceme moi acertado; o deseño da páxina é moi acorde co tema que trata e o feito de haber feito un trailer ten o seu esforzo engadido. O tipo de letra tamén vai totalmente acorde coa temática da páxina. FELICIDADES FIXESTES UN GRAN TRABALLO. Nota 9,5

REVOLUCINE

A falsa portada esta currada pero opino que ao entrar na páxina quizais a tipografía da letra ou os colores da animación chocan un pouco. Creo que en xeral para entrar nos distintos links na sección de personaxes os colores son demasiado rechamantes e quizáis deberían ser máis discreto. Interesante á redirección mediante links aos trailers das películas.
Nota 7,5

MALDIA

As cores da páxina creo que son acordes co estilo de música que toca o grupo e creo que os apartados que ten a paxina son os xustos e necesarios que necesita a paxina dun grupo musical. É unha páxina moi clara e non crea confusión. Algúns problemas na sección Multimedia para acceder a cancions e videos. Debería solucionarse.
Nota 8

AS 3 EN PUNTO

Esta é outra das páxinas que me deixaron mellor sabor de boca non tanto polo seu contido senon polo seu deseño. Pareceme unha paxina moi atractiva á vista. Ten unha tipoloxía de letra moi atractiva e ademáis diso unha organización moi clara. Moi interesante que cando pases a flecha polas fotos cambien a unha foto que demostra a "profesión" de cada unha das rapazas do grupo.
BO TRABALLO RAPAZAS
Nota 9

NEOTERISTAD

Non vou valorar a miña propia páxina porque os meus compañeiros xa deixaron os seus comentarios acerca dela e pouco máis queda que dicir. Soamente que despos de ver os traballos dos demais un detacase de que se poderían cambiar e mellorar moitas cousas, e que é interesante oir as opinións dos demáis non como unha critica senón como un consello. Grazas polas vosas valoracións rapaces

AS DE CORAZONS

Gustame moito desta paxina tanto o seu contido como o seu deseño. Sen embargo no apartado de colaboradores hai un fallo na foto dunha membra do grupo que non aparece. Hai seccións nas que o texto queda cortado e que as fotos non quedaron ben insertadas.
Nota 8

MADRESELVA

Unha páxina que me parecería unha paxina perfectamente viable na rede e que non teño moito que comentar dela porque non lle vexo ningún defecto asi despois dun vistazo por todos os seus apartados. Ademais creo que a combinación de colores é moi boa, a inserción das imaxes perfecta.
Nota 9,5

CHITA FAN CLUB

O problema fundamental desta paxina non é nin a súa temática nin a súa organización senón a combinación de cores e a súa falsa portada pareceme que lle quita moitos puntos á páxina. Choca moito ver esas cores co fondo da arbore. O tipo de letra que emprega a paxina é demasiado sinxelo baixo o meu punto de vista. Son eses dous pequenos erros os que vexo nesta paxina.

Nota: 6,5

TRANSPORTES M.GESTEIRA

Moi currada a paxina web en xeral. O apartado flota especialmente tivo que implicar un gran traballo. Pareceme sen embargo un erro o de mostrar un mapa completo de España cando a empresa so posee rutas en Galiza polo tanto deberíase reducir a un mapa da nosa comunidade eu creo. Moi boa a combinación de colores xa que mestura moitas cores e moi ben e o tipo de letra un estilo moi sobrio e estandar debido ao estilo profesional que busca. BEN FEITO
Nota 9

DEPORTE NO ES SOLO FUTBOL

Pareceme unha páxina moi entretida pero teño que ser sincero coa combinación de colores: horrorízame. Sen embargo a páxina véxoa como antes dixen moi entretida e quizais escollerades eses colores porque a orientades a un publico máis infantil.
Nota 6,5

Mequetrefes

A organización desta páxina é un tanto desastrosa. A inserción de textos e videos é demasiado caótica. O apartado arquivo non posúe un botón como o resto e a pesar de que si queda claro o contido que haberá nese apartado logo queda moi caótico cando o presentades. Gustame por outra parte a combinación de cores que empregades. Non se fai cargante.
Nota 6,5

SE TE VA LA OLLA

É unha páxina que me gusta dende o punto de vista do contido, pero non me gusta nada dende o punto de vista do deseño. Unha tipografia moi simple para o tema que se trata, unha combinación de colores que apesar de ser chamativa non se combina ben co resto de elementos da páxina. Moi boa a idea de relacionar a páxina con redes sociais rapaces.
Nota: 6,5

MATERCAV'S

Unha páxina na que opino que prestasteis demasiada atención no contido e non tanta no deseño. Diredesme que son pesado co tema dos colores pero non me gusta moito como se combinan. Pero desde o punto de vista do contido é unha páxina que me encanta porque recolle moita información da clase e dos recordos de todos xuntos. Creo que debería quedar máis claro a donde direcciona cada carta da baralla.
Nota: 7,5

SMdB

Outra das miñas páxinas favoritas pero debo confesar que ao principio non sabía donde tiña que clickar para ver o contido da paxina por tanto creo que eso debería quedar máis claro. Moi interesante a maneira na que insertaron os videos nese aparello televisor na parte superior dereita.
Nota 8,5

domingo, 18 de abril de 2010

COMENTARIO SOBRE WEBS - Diego Pérez

Comentario sobre webs:
Seguirei o esquema que empregou a miña compañeira Caterina para facer as valoracións:

FRIKISPORTS:
Deseño: A estrutura principal está definida, pero a distribucion de botóns, enlaces... queda un pouco dubidosa, quizais iso poderiase mellorar.
Funcionalidade: quizais o referido ao deseño ten un pouco que ver co propósito da páxina en si, ou co seu título, co cal quedaría medio xustificado.
Contido: aquí sí que non hai crítica posible, ten todo o contido desexable e máis, pero sen entrar no excesivo, co cal, nada que obxectar.
Utilización: posiblemente sexa o falso index ou a primeira portada o que poida "desquiciar" un pouco ao usuario, pero superada esa barreira, non hai maiores problemas, salvo quizais, algún link perdido.
Nota: 7/10

BANG:
Deseño: moi logrado e traballado, e realmente implicado co contido da páxina.
Funcionalidade: se fixéramos unha comparativa con outras webs sobre filmes, veriamos que segue o seu esquema, co cal, nada que obxectar.
Contido: ben distribuido e dabondo tendo en conta que xurdiu da nada, sen copiar e pegar.
Utilización: salvando algunha galería ou video que poida tardar un pouco, non hai moito máis que rascar.
Nota: 7,5/10

REVOLUCINE:
Deseño: correcto, non hai un estándar sobre deseño das web sobre cine en xeral, co cal, considero unha elección e distribución das estruturas correcta.
Funcionalidade: quizáis a primeira impresión ao entrar na páxina pode quedar confusa ao ver de qué trata a web concretamente, queda un pouco difuso, pero isto pode ser pola arquetípica concepción de como imaxinamos nós unha web sobre cine.
Contido: Mestura de contidos orixinais con alleos, o cal non sempre é tarefa fácil.
Utilización: intuitiva, menús claros que non ofrecen dúbidas sobre o seu uso. O único punto negativo (ou un dos poucos) é a non-direccionalidade do banner, que leva a un dominio baleiro.
Nota: 9/10

MALDIA:
Deseño: unha estrutura moi ben definida, menús e contidos seguen un esquema fixo, o cal pode facelo un pouco máis intuitiva.
Funcionalidade: está perfectamente adaptada ao tipo de web que é, a dun grupo de heavy, cos contidos típicos e habituais neste tipo de páxinas.
Contido: a calquera que entre aquí non creo que lle quede dúbidas sobre ningún aspecto do grupo, ou iso penso eu.
Utilización: fácil, os menús deixan claro qué contidos se atopan neles.
Nota: 9,5/10

AS TRES EN PUNTO:
Deseño: máis creativo e máis traballado, co risco de que ornamentación poida retardar o cargamento da páxina, aínda que non é o caso, ben.
Funcionalidade: Axeitada ao contido que ofrece, un percorrido pola traxectoria e obra das creadoras da web.
Contido: o contido amosa todo o que o visitante de web quere obter, información e elementos audiovisuais moi ben combinados.
Utilización: moi intuitiva, quizáis das máis doadas de empregar.
Nota: 8/10

AS DE CORAZÓNS:
Deseño: se tivera que poñer unha web típica de contidos do corazón, sen dúbida poñería esta, ningunha dúbida sobre o deseño da mesma.
Funcionalidade: os contrastes están ben ligados á expectativa do usuario na procura de exclusivas, cotilleos e o morbo en xeral.
Contido: case todo novo, da cabeza dos creadores, e ben distribuido na web.
Utilización: salvo algúns problemas que teño coa carga dalgunhas imaxes (que descoñezo a súa causa, igual é cousa do meu ordenador) é bastante sinxela de utilizar.
Nota: 8,5/10

MADRESELVA:
Deseño: soberbio, moi atractivo e terriblemente traballado, e moi ben axeitado ao que ofrece esta web.
Funcionalidade: importante destacar, como a miña compañeira Caterina, que ofrece expectativas de futuro, e está preparada para iso.
Contido: todo o que se pretende buscar nesta páxina, está, nin máis nin menos. Equilibrio perfecto.
Utilización: cando a claridade dos menús e o seu atractivo está en consoancia coma neste caso hai que quitarse o sombreiro.
Nota: 10/10

CHITA FANCLUB:
Deseño: como explicou Xacobe no seu día, as cores están en boa consoancia coa temática da web, co cal a este respecto, non ten obxección, aínda que a tipografía, para o meu gusto, réstalle un pouco de "profesionalidade", pero igual é cousa miña.
Funcionalidade: quen queira facerse fan, terao moi doado pola fácil navegación que ofrece a web.
Contido: se tivera que facer un traballo sobre a mona Chita tería que esforzarme por atopar información, pero vexo que esta web, xa ten bastante, co cal, moi ben.
Utilización: como dixen anteriormente, fácil, intuitiva e sen problemas:
Nota: 7/10

MGESTEIRA:
Deseño: deseño sobrio, sen maior ornamentación, evitando un emprego de cores vivas que podería ser catastrófico, aínda que o emprego do flash costoume que se me colgase por un segundos o navegador.
Funcionalidade: o feito de adaptar unha web a unha empresa e unha dificil tarefa, xa que o usuario da web, accede cunha idea preconcebida, pero non ten ese problema.
Contido: quizáis por motivos obvios, o contido non é moi amplo, e a creatividade está restrinxida, ao tratarse dunha empresa xa existente e establecida.
Utilización: doada, sen maior problema, só facer fincapé no problema do mapa da península dunha das seccións, que, na miña opinión, é pouco intuitiva, xa que só ofrece a posibilidade de clicar nunha das provincias.
Nota: 7,5/10

DEPORTE NO ES SÓLO FUTBOL
Deseño: quizáis dea a sensación de un pouco de desorde, pero ao entrarmos vemos que os contidos están ben estruturados e repartidos.
Funcionalidade: non deixa dúbidas, quen queira ir máis aló do deporte rei, este é o seu sitio, bo tratamento dos deportes.
Contido: interesante, novidoso e cómico, ben combinado, e na maioría dos casos estruturado de forma lixeira e intuitiva para o usuario.
Utilización: do máis sinxelo que se poida ver, cada cousa para a cousa, os menús moi identitarios dos contidos.
Nota: 7,5/10

MEQUETREFES
Deseño: a portada é algo desconcertante, ao carecer dun esquema fixo, e ao entrarmos vemos que segue esta tónica. Orixinal, aínda que arriscado.
Funcionalidade: promociona o grupo de teatro Mequetrefes, con aportacións e contidos sobre o mesmo ou referidos a eles.
Contido: todo o que o visitante poida desexar ou querer saber sobre eles, niso, está completo.
Utilización: quizáis un pouco complicada que poida perder ao usuario ao inicio.
Nota: 7/10

SETEVALAOLLA
Deseño: non son de empregar cores tan rechamantes, na miña opinión pode facer que a web perda interese, pero é unha proposta novidosa, aínda que ás veces poida parecer que falta organización.
Funcionalidade: cumple, de sobra, as esixencias que a web promete ao visitante, sen dúbida.
Contido: todo o que o usuario poida querer desta web, neste senso, a web cumple de sobra os requisitos previos que o usuario procura.
Utilización: algúns links fallan nalgúns apartados, polo demais, sinxela.
Nota: 7,5/10

MASTERCAVS
Deseño: novidoso, unha combinación de cores vivas pero que non se volve "hortera", e a distribución paréceme correcta.
Funcionalidade: Mastercavs, ofrece o que calquera interesado na materia busca, e non so iso, senón que o convence definitivamente das súas pretensións.
Contido: Moi amplo, e polo tanto, moi agradecido para o que busca información ao respecto.
Utilización: se cadra puidera ser algo máis intuitiva, pero o equilibrio entre creatividade e usabilidade está garantido.
Nota: 9/10

SMDb
Deseño: innovador e impactante, quizais algo recargado, pero moi atractivo.
Funcionalidade: Satan Movie Database cumple de sobra as expectativas d'aquel que busca este tipo de contidos, non defrauda.
Contido: Xusto, o que o usuario quere, sin defraudalo, nin saturalo.
Utilización: doada, non ten elementos que a compliquen en exceso e aínda por riba ten unha interfaz apropiada e relacionada co tipo de web.
Nota: 9/10

NEOTERISTAD
Non me atopo en posición de valorar a miña propia páxina, o obxectivo é que o visitante atope nela o que busca, e que sexa o que nós lle ofrecemos, pero iso non o poido valorar eu.


Diego Pérez Cheda

sábado, 17 de abril de 2010

Comentarios sobre as webs

FRIKISPORTS:
-Deseño: o deseño non é forte desta páxina. Mezcla estruturas formais con outras que tiran cara o contrario.
-Funcionalidade: a verdade é que a estrutura da páxina ten todo que ver co título da mesma. Cumpre o seu propósito.
-Contido: teño que dicir que este si é o punto forte da páxina. Resultoume moi graciosa e interesante a maior parte da información.
-Utilización: ás veces tarda moito en cargar, como no falso index. Ao ter un fondo branco, non hai moitos problemas de visualización.
Nota: 7.

BANG:
-Deseño: considero que o deseño é moi acorde coa temática que tratan e gústame o detalle de que os botón sexan pistolas.
-Funcionalidade: está moi ben adaptada a como son as páxinas web de películas de verdade, non lle falta ningún servizo neste aspecto.
-Contido: moi orixinal, xa que é todo do colleita propia do grupo.
-Utilización: é unha páxina fácil de navegar. Clara e concisa.
Nota: 7,5.

REVOLUCINE:
-Deseño: moi ordenada e estruturada. Gústame a elección de cores e e fotos; moi acorde. O que non me convence de todo é a tipografía.
-Funcionalidade: é unha páxina moi interesante, aínda que non queda totalmente definido o seu propósito dende o meu punto de vista.
-Contido: orixinal, sobre todo o das preguntas sobre cine. Pero poríalle algunha sección máis.
-Utilización: un gran punto a favor, que a falsa portada carga moi rápido. É moi fácil de navegar e non dá lugar a confusións. Pero creo que hai un problema cos botón porque pon ‘missing plugging’.
Nota: 9.

MALDIA:
-Deseño: gústame moito porque as cores e a estética están totalmente adaptadas ao heavy.
-Funcionalidade: considero que ten todos os aspectos que unha páxina sobre un grupo desas características debería ter.
-Contido: ademais de orixinais, gústame o slide de fotos e os enlaces aos seus blogs e demais páxinas. Permiten coñecelo todo sobre o grupo.
-Utilización: moi sinxela, navégase de forma moi cómoda e os menús e seccións son moi claros. Ben feito rapaces!
Nota: 8,5.

AS TRES EN PUNTO:
-Deseño: sen dúbida, este aspecto é o mellor desta páxina. Creo que xenial quédase curto. O único que sería un pouco negativo e que dependendo de en que ordenador e con que pantalla vexas a páxina, está queda ás veces como un pouco estirada, porque ao ter os bordes negros aos lados ás veces queda moi vertical.
-Funcionalidade: o propósito da páxina, que é darnos a coñecer a estas tres belezas, queda máis que cumprido. Se alguén está buscando unha escritora, unha pintora ou unha fotógrafa, vai ficar satisfeito cando vexa ‘As tres en punto’.
-Contidos: tremendamente orixinais e creativos, creo que debe ser tamén das que máis me gustou de todas. A verdade é que estas rapazas si que saben de promocionarse.
-Utilización: a pega que ten é que tantos contidos tan interesantes ralentizan moito a páxina, porque son moitos vídeos, fotos etc. A navegación é fácil e intuitiva.
Nota: 8.

AS DE CORAZÓNS:
-Deseño: cores axeitadas ao tema do corazón. A tipografía non me convence de todo.
-Funcionalidade: claramente, cumpre a súa función e con creces: ridiculizar o mundo do corazón.
-Contido: é unha páxina moi creativa e orixinal, xa que todos os contidos son feitos polos creadores.
-Utilización: tarda en cargar debido á grande cantidade de contidos audiovisuais. Os menús e as seccións son clara e concisas, polo que a navegación non se complica.
Nota: 9.

MADRESELVA:
-Deseño: encántame o deseño desta páxina. Sinxelo, alegre e totalmente dacordo coa temática.
-Funcionalidade: a que mellor se adapta sen dúbida á súa misión. Ademáis, ten proxectos de futuro como crear unha sección onde se mostren os xardíns etc.
-Contido: moi completa e non deixa dúbidas en ningún aspecto.
-Utilización: moi fácil de navegar, carga rápido e todo está moi claro. Felicidades Isac, simplemente xenial!
Nota: 10.

CHITA FAN CLUB:
-Deseño: o deseño diría que non é moi profesional, pero as cores si están ben escollidas ao meu parecer.
-Funcionalidade: a verdade é que para o que foi creada, a páxina é realmente útil. Non tiña nin idea da metade das cousas que conta. E todo funciona correctamente. Así que o seu propósito cumpriuse.
-Contido: realmente orixinal. Non creo que sexa moi fácil atopar e xuntar toda a información para crear unha web coherente sobre a mona Chita.
-Utilización: é sinxela e carga rapidísimo. Os menús estáticos e séguese unha organización coherente en toda a páxina.
Nota: 7,5.

M.GESTEIRA:
-Deseño: sinxelo e con coherencia de cores. A tipografía non me convence moito. Porén, as sección están moi ben estruturadas.
-Funcionalidade: cumpre a súa misión, a de publicitar a devandita empresa.
-Contido: sobrios e adecuados á temática. Informan sobre a actividade da empresa. A pena é que ao escoller publicitar unha empresa real, a orixinalidade está moi limitada.
-Utilización: fácil de navegar e sinxela. Non presenta ningún tipo de problema.
Nota: 7.

DEPORTE NO ES SOLO FÚTBOL:
-Deseño: a verdade é que a estética desta páxina non é o seu forte, pero a intención que lle dá é alegre.
-Funcionalidade: correcta. Dáse información sobre o resto dos deportes que non son o deporte rei.
-Contido: axeitado, e paréceme boa a idea do mapa e a do crucigrama.
-Utilización: tarda bastante en cargar o index. Os menús son claros e concisos e as cores non dificultan en ningún momento a navegación.
Nota: 7.

MEQUETREFES:
-Deseño: o deseño é bo, aínda que considero que as cores non están ben escollidas pois queda unha páxina mois escura ás veces e por exemplo o botón de acceso (Entrar) apenas se distingue entre o fondo negro.
-Funcionalidade: dá a información que daría calquera páxina dun grupo de teatro, e considero que é útli para coñecelos.
-Contido: tamén orixinal pois intentaron facer uso da linguaxe para darlle un toque máis orixinal á páxina, aínda que segue sen convencerme dentro do diseño a tipografía, que alterna maiúsculas e minúsculas e algunhas outras cousas.
-Utilización: é sinxela de utilizar, os links funcionan correctamente e a única pega e que tarda un cachiño en cargar.
Nota: 7.

SE TE VA LA OLLA:
-Deseño: as cores son axeitadas ao contido, sen embargo creo que non deron coa combinación correcta de estrutura, cores etc. para chegar a unha estética máis axeitada.
-Funcionalidade: falan realmente do que anuncian, aínda que o propósito da páxina ás veces queda un pouco sen definir.
-Contido: gústame que escollesen esta idea porque a ninguén se lle pasou pola cabeza facer unha páxina sobre un tema que sexa de tanto interese para os adolescentes.
-Utilización: non resulta unha páxina moi intuitiva. Se estivese estruturada doutra formo coido que sería máis fácil de navegar.
Nota: 7.

MASTERCAV’S:
-Deseño: gústame moito a estética da páxina: as cores, a distribución, as seccións…
-Funcionalidade: sen dúbida, para nós a de maior utilidade. É xenial poder ver os traballos e perfís dos nosos compañeiros.
-Contido: simplemente xeniais, pero ¡faltaría máis! ¡Se somos nós!.
-Utilización: é sinxela e con menús claros. Moi ben feito rapazas! :)
Nota: 9.

SMDb:
-Deseño: a estética non é realmente do meu gusto, pero iso si, é máis que axeitada para o tema. Porén, creo que queda moi pequeno o vídeo, as letras e a descrición dos filmes.
-Funcionalidade: realmente impresionoume o que escolleron, pero creo que falta algunha película máis nalgún dos botóns.
-Contido: interesante, e sobre todo para nós CAV’s. Pero como xa dixen, ampliaría algunha das seccións.
-Utilización: ao principio non resulta moi intuitiva, pois non sabes moi ben cara onde dirixirte cando a abres por primeira vez. Pero unha vez que xa entraches, vai como a seda.
Nota: 9.

NEOTERISTAD:
Valorar o traballo dun mesmo sempre resulta complicado, así que vou tentar ser o máis obxectiva posible. O deseño da páxina considero que é axeitado, aínda que as cores poden resultar chocantes ás veces. O falso índex resultou non ser moi intuitivo, pero polo contrario o resto da páxina si que considero que é cómoda e fácil. Quizais resulte ás veces un pouco sobria, ás veces un pouco colorida, pero cumpre totalmente a función dunha empresa de publicidade. En canto os contidos, creo que son orixinais e interesantes para a xente de clase, pois estamos amosando proxectos de compañeiros doutras facultades que estudan o mesmo ca nós. E a navegación creo que é, xunto cos contidos, o mellor aspecto da páxina. Sinxela, con botóns traballados e que axudan á navegación, os links funcionan todos perfectamente e ningún elemento da páxina fai nada fora do previsto. Todo no seu sitio, como ten que ser nunha boa empresa ;)

Caterina Lima Martínez

domingo, 24 de enero de 2010

Comentario da exposición: Animación

Radical cambio con respecto a todas as exposicións anteriores, como se dunha arma de dobre filo se tratase. Por unha banda a posibilidade de que a nova experiencia poida dar un enfoque máis amable e máis relaxado a un tema con tanta historia e técnica como é a animación e os seus distintos tipos; pero por outra banda correr o risco de que, coas circunstancias nas que se deu (a falta de tempo pola desafortundamente mala distribución dos tempos das exposicións anteriores) puidera facer que os asistentes puidesen considerar que un video de 40 minutos se fixera algo longo para estar cos ollos fixos nun punto coma se dun documental se tratase.

Na miña opinión a segunda opción queda descartada polo tratamento divertido e hilárico con que se tratou o tema da animación, que a priori poida parecer un tema asequible, pero que leva dentro de si un grande trasfondo, moita historia, técnica, tecnoloxía, personaxes... vamos, que non se fai nunha tarde (creo).

Quizáis a parte que máis atención me fixo prestar fora a dos debuxos animados, talvez por ser algo tan propio de nós e que de nenos tanto adorabamos que é imposible renegar diso. Porén, a animacion dixital, e a idolatrada animación con plastilina de Raquel (un hobbie verdadeiramente interesante), fan que pequenos imprevistos de son pasen desapercibidos.

Foi unha pena que non dera tempo a pasar o video final na clase, pero é digno de ver, por favor que ninguén o deixe de ver.

Comentario da exposición: Piratería e propiedade intelectual

Tema de actualidade pero arduo á vez aínda que tamén ven de crear polémica recentemente e que segue a crear, aínda que moitos consumidores de contidos multimedia están desinformados ao respecto.

O comezo da exposición é realmente necesario; que é a propiedade intelectual e, polo tanto, en qué casos podemos falar de piratería. A posesión de ideas ou de creación mentais que nos pertencen é unha actividade creativa vinculada dende o inicio da súa existencia ao ser humano, tanto como o segundo termo, a apropiación das ideas alleas como se fosen propias. Verdadeiramente, hai moita confusión ao respecto, sen embargo a lexislación existente, é non demasiado difusa; considérase delito sempre e cando haxa ánimo de lucro no uso de material en cuestión.

Ante isto é incomprensible que se impoña un "cánon" ou compensación por copias privadas cando a Lei permite, para uso particular, que calquera poida facer unha copia dunha película ou dun DVD calquera, case coma o tratamento que se lle poida dar a un ladrón. Poida que non roubara, pero por se acaso, cóbranme de anteman.

Uns interesantes videos dun avogado arredor deste tema, deixa claro este aspecto que veño de comentar, certos delitos que se consideran a simple vista de maior gravidade teñen penas ou multas menores á que poida ter o pirateo dun CD ou dunha película.

Tampouco esquecer a referencia á nova lei antidescargas que recentemente se veu de aprovar para poñer en práctica canto antes. Un peche masivo de web non parece unha solución real que poida funcionar, pero iso non ten cabida aquí. Exposición completa e ben estruturada.

Comentario da exposición: Retoque fotográfico

Quizáis unha das exposicións que trata un dos temas dos máis polémicos e actuais que hoxe en día nos rodea nos medios de comunicación de case calquera tipo.

Unha referencia á ética do retoque ponnos a todos en situación coas situacións posibles e comprensibles nas que o retoque fotográfico é admisible, tales como a corrección de erros, mentres que hai diversidade de opinión sobre a súa utilidade e utilización do Photoshop con fins tales como embelecer ou venta de imaxe a través das seccións e apartados de post-produción.

En ningún caso é ético nin admisible, ou non debería selo, o retoque da imaxe, fixa ou en movemento, como acción falseadora da realidade, obxectivo que se poñen moitos grafistas e profesionais do sector para conseguir manipular e falsear unha realidade inexistente.

Unha aportación interesante foi a aportación recollida por alguén próximo pero entendido no sector coma Vítor Vaqueiro cuxa opinión foi un punto de ignición á hora de analizar valorar a viabilidade do retoque e a intención coa que se utiliza, facendo especial fincapé na resta de credibilidade que o excesivo retoque lle está a supoñer á fotografía, pioneira reprentadora da realidade.

miércoles, 13 de enero de 2010

El video en la web, comentario exposición

No traballo de Ivan, Rosa e Sandra falouse do video na web.

- O principal referente foi Youtube inventado por Chad Hurley e que usa a tecnoloxía macromedia, os videos que se poden subir deben ter un tamaño limitado e pouco a pouco introdiciuse o sistema de High Definition nalgúns videos de Youtube. Actualmente Youtube admite moi diversos formatos a pesar de que nun primeiro momento só utilizaba avi e algún máis.
Foi unha pena que non puideran explicar como introducir un video en dreamweaver xa que sería proveitoso para introducilo na nosa web.
Os videos poden subirse tamen como complemento en redes sociais, ou outras paxinas similares a youtube como metacafe, dailymotion ou dalealplay.

Foi tamén útil a referencia a seriesyonkis xa que é unha paxina que nos permite a todos ver series en internet de forma gratuita e sen necesidade de descarga. Con isto podemos ver as series incluso antes de que se estreen no noso país en Versión Orixinal.

Actualmente as páxinas de televisión estan introducindo a posibilidade de ver os programas en liña como telecinco, cuatro, antena tres ou la sexta con o sistema Streaming, o que resulta moi útil tanto para ver en directo os programas ou ben para velos despois da súa emisión.

Tamen se mencionaron nesta exposición os videoblogs que teñen un funcionamento similar os blogs ou fotoblogs pero con videos que non deben ter unha alta calidade xa que non admiten nin moitos formatos nin ficheiros de gran cantidade de datos.

Baixo a nosa opinión, a este traballo faltoulle a presentación de exemplos e un esquema máis claro na súa exposición. Pola contra, fixeron alusión a paxinas moi interesantes e moi importantes hoxe en día no mundo dos videos na web.