miércoles, 16 de diciembre de 2009

Deseño centrado no usuario e redes sociais

Respecto a exposición de Xacobe, Beatriz e Nuria pareceunos unha exposición con un amplo contido teórico e interesante no aspecto en que quedaron claros os contidos que debe ter unha páxina para que sexa de maior gusto do usuario. Quizáis foi un pouco breve e puido ser algo máis amena con algun tipo de exemplificación.

Respecto as redes sociais como foi a nosa exposición nada que comentar. Simplemente que a nosa rede favorita é Facebook porque ten maior cantidade de aplicacións apesar de que non sexa a máis facil de usar. Que sexa a nosa favorita non quere decir que sexa a máis difundida, que está claro que neste país funciona mellor tuenti. Por outro lado animamosvos yogurines a facervos un Twitter!

Saúdos e biquiños de Yogurt de chocolate!!!

lunes, 7 de diciembre de 2009

Preguntas acerca dos documentos

Guia Breve CSS

- Non queda claro o tema dos selectores e das declaracións
- Non se entenden ben os exemplos de como dar estilo a un documento

Evolución web

- ¿Que son wikis?
-¿Que é un lector RSS?

Origenes animación

-¿Que é un Sketchpad?

Tipografía

-¿En que afecta o uso do HTML na tipografía?

Tags_ audiencias

-¿Que son cachés e proxies?
- Non queda clara a diferencia entre tags e logs

Etiquetashtml

- Non explica en ningun momento como combinar estes códigos para crear unha web

Imaxex_web
- ¿En que se diferencia un TIFF dun BMP?

Comentario e reflexión sobre a exposición: Calidade dos contidos web

Unha competencia tan importante como a propia existencia dunha páxina web;
a calidade dos contidos que pretende transmitir ao internauta que a ela accede.
O certo é que ao falar de calidade tamén se fala implícitamente doutros factores
trascendentais a ter en conta cando se deseña e configura unha páxina web;
a cantidade dos contidos, a distribución dos mesmo (aquí realmente falariamos do
deseño que a páxina adopte para adaptarse aos contidos aínda que tamén é relevante),
a fiabilidade dos contidos (un punto articular neste tema xa que un contido fiable é un
contido no que se pode confiar e, polo cal, ao cal se pode recorrer sen perigo de ser
enganado), o feito de que haxa unha conexion intrínseca entre a forma que adopten os
contidos e os propios contidos, e por ultimo, e non por iso menos importante as facilidades
que se lle presten ao usuario dos mesmos para o seu acceso (referíndonos esencialmente
á rapidez de acceso á páxina).
Boa exposición e boa exemplificación tamén.

Comentario e reflexión sobre a exposición: Logotipos

Un tema tan importante e identificativo como é a representación corporativo por medio dunha icona, texto ou elemento combinativo dos dous anteriormente citados é un asunto trascendental no recoñecemento dunha empresa ou institución.
De feito, esta exposición amosou uns aspectos moi interesante arredor do tipo de logotipos, da etimoloxía e uso correcto ou non da propia palabra "logotipo" e así mesmo, de aportar un tipo de pautas sobre as consideracións e factores que inflúen á hora de diseñar un logotipo efectivo.
Exemplos non faltaron; o máis emblemático para o que puidemos apreciar nós foi o de Google, unha verdadeira identidade corporativa que simboliza maxistralmente o que podemos chamar dinanismo. Dinamismo que non só se pretende identificar coa empresa senón tamén co logotipo.
A entrevista coas Maruxas Creativas pareceunos moi apropiada e de reforzo sobre o que xa comentaran Lucía, Zaida e Patricia.
E por último sinalar que o xogo dos logotipos puxo un punto e final a unha moi traballada exposición e entretida.

jueves, 26 de noviembre de 2009

Consellos e advertencias para realiza-la nosa web extraídos das exposicións do 25/11/2009


Tipografía:


  • Vixia-lo espaciado entre as letras e liñas (adecuándoo segundo o caso).
  • É importante a decisión sobre o tipo de fonte e estilo das letras, xa que vai caracterizar e darlle personalidade ó texto, por iso debe haber coherencia entre o tipo de letra e o que representa.
  • Hoxe en día, non se debe prestar atención ás marxes e páxinas: iso quedou no pasado, nas máquinas de escribir.
  • As cores deben combinar tamén co estilo da letra, para facer o texto úniLista numeradaco e coherente, ademáis de fácilmente recordable.
  • A cor de fondo da páxina non debe facer difícil a lectura do texto.
  • Trata-los números como letras.
  • Poñe-las tipoloxías de letra diferentes ó mesmo tamaño.
  • As letras máis grandes deben levar menos espaciado.

Elementos da comunicación audiovisual:

  • É importante ter en conta a paleta de cores (paleta web con 216 cores), e combinalas tamén con algo de coherencia e axeitándoas ó contido do texto.
  • Vixiar a saturación.
  • Elexir un textura axeitada ó que queremos representar ou comunicar.
  • A colocación dos elementos debe ser cómoda e fácilmente accesible (facilidade de uso).
  • É importante prestar atención ós módulos.

miércoles, 18 de noviembre de 2009

Idea para paxina web!

Saúdos yogurines,
Despois de mil ideas vagando pola nosa cabeza, metada desbotadas por nos mesmos e as outras desbotadas por Marita, a nosa idea actual é crear unha paxina web da nosa propia axencia de publicidade. A idea veunos mentres tomabamos un vitalinea de danone acompañado de ron cola. A idea é unha paxina dirixida a empresas que soliciten a nosa creatividade para promocionar os seus productos no mercado nacional e internacional. Somos especialistas en campañas dirixidas á xuventude, de productos como, perfumes, preservativos, roupa, alcohol, xeados, tecnoloxía. Somos unha axencia a que nos gusta xogar co provocativo e cos temas tabús e explotalos ó maximo; iso permítenos impactar moito máis o espectador.
A paxina web como primeira idea queremos que sea orixinal, cunhas cores escuras tampouco moi rechamantes, donde expoñamos algun dos nosos traballos e información referente ó cantacto, tarifas, ambito laboral, estatísticas etc...
Este é o proxecto inicial vexamos como se desenvolve a nosa idea.

Bikiños de yogur de fresa!!!

miércoles, 11 de noviembre de 2009

Guion Trabajo "Analisis de facilidade de uso"

1. Introducción

- Presentación de Facebook, Tuenti e Twitter: puntos fortes e debiles de cada rede.

- Presentación das caracteristicas que unha paxina web debe ter, para o seu uso sinxelo.. “No me hagas pensar” “Intuitivas”

- Explicar de xeito breve como desenvolveremos o noso traballo.

- Concepto de rede social

2. Obxectivos

- Descubrir cales son as redes sociais de maior facilidade de uso, mediante unha análise comparativa entre estas.

- Reflexionar en que medida os servizos que ofrecen son mais ou menos sinxelos de usar.

3. Desenvolvemento

- Analizar se os criterios de facilidade de uso se cumplen nestas páxinas.

- Comparar en que páxinas estes criterios se cumplen en maior/ menor medida.

4. Conclusións

- Chegar a unha conclusión acerca de que modelo de deseño xeral siguen estas redes sociais.

- Reflexion acerca da relación: velocidade de acceso- facilidade de acceso – deseño da paxina.

- Concluir que elementos debe conter unha páxina para que sexa o máis facil de usar posible e seleccionar cal destas tres paxinas cumple mellor os requisitos de facilidade de uso.