miércoles, 13 de enero de 2010

Análise da facilidade de uso nas redes sociais

GUIÓN

Introducción

  • Presentación de Facebook, Tuenti e Twitter: puntos fortes e debiles de cada rede.

  • Presentación das caracteristicas que unha paxina web debe ter, para o seu uso sinxelo.. “No me hagas pensar” “Intuitivas”.

  • Explicar de xeito breve como desenvolveremos o noso traballo.

  • Concepto de rede social.


Obxectivos

  • Descubrir cales son as redes sociais de maior facilidade de uso, mediante unha análise comparativa entre estas.
  • Reflexionar en que medida os servizos que ofrecen son mais ou menos sinxelos de usar.


Desenvolvemento

  • Analizar se os criterios de facilidade de uso se cumplen nestas páxinas.


  • Comparar en que páxinas estes criterios se cumplen en maior/ menor medida.


Conclusións

  • Chegar a unha conclusión acerca de que modelo de deseño xeral siguen estas redes sociais.

  • Reflexión acerca da relación: velocidade de acceso- facilidade de acceso – deseño da páxina.

  • Concluir que elementos debe conter unha páxina para que sexa o máis facil de usar posible e seleccionar cal destas tres paxinas cumple mellor os requisitos de facilidade de uso.


Introducción

Neste traballo presentaremos tres redes sociais diferentes: Facebook, Tuenti e Twitter co fin de analizar que características permiten que sexa máis sinxelo ou máis dificil empregar unha ou outra. Para empezar sería importante sinalar o concepto de rede social:

Unha rede social é unha comunidade na cal, un número inicial de participantes envían mensaxes a membros da sua propia rede social invitándoos a unirse ó sitio. Os novos participantes repiten o proceso, crecendo o número total de membros. Os sitios ofrecen características como notificacións acerca da actividade dos membros da tua rede, invitacións a eventos entre membros, compartir fotografías, musica ou video, etc.

As redes sociais informáticas buscan fomentar as relacións sociais e para iso valénse das chamadas tres C’s:

  • Comunicación (axudan a poñer en común coñecementos)
  • Comunidad (axudan a encontrar e integrar comunidades)
  • Cooperación (axudan a facer cousas xuntos)


Estes tres puntos son os responsables de que as redes sociais en internet se estean a converter nun elemento básico de integración social, xa que ser socio destas, implica unha mellor integración dentro do teu grupo de amigos ou de traballo. É dicir, por poñer un exemplo, se se organiza un evento como unha cena de traballo e as notificacións son enviadas a través desta rede, unha persoa que non este integrada non estará o día do que pasa ó seu redor na vida real, desta maneira estase a difuminar a liña entre o espazo online e o espazo real.

No noso traballo escollimos estas tres redes sociais, por ser as máis empregadas nos ámbitos nacional e internacional. Cada unha destas redes cumple unha función diferente pero o que nos interesa tratar é en que medida son fáciles de empregar calquera delas. Empecemos por sinalar os puntos fortes e débiles de cada unha:

Facebook: É a rede social de maior difusión no ambito internacional e conta cuns 350 millóns de usuarios en todo o mundo. Permite intercambiar fotos, videos, posúe unha gran cantidade de aplicacións nas cales che permite xogar online e gratuitamente cos teus contactos da rede. Facebook naceu como un proxecto duns estudiantes de informatica nunha universidade de EEUU co fin de estar conectados entre si e pouco a pouco acabou por converterse na rede social máis importante a nivel mundial por ser a máis difundida.

Tuenti: Esta rede é de moi recente creación e é accesible só por medio dunha invitación. Podemos decir que Tuenti é o Facebook español, xa que é a rede que maior crecemento sufriu neste país pola súa rapida difusión entre sobre todo universitarios e estudantes de nivel de secundaria. Conta cuns 6 millóns de usuarios un numero moi inferior o de Facebook pero estimase que mentres as conexións a Facebook son de 45 minutos as de tuenti rondan á hora ou duas horas. As características son semellantes as de Facebook pero posúe abundantes deficiencias en relacion a este no que se refire ós elementos da paxina.

Twitter: Esta ultima rede social da que trataremos no noso traballo caracterízase porque reduciu o concepto de “rede social” ó intercambio de mensaxes en tan so 140 caracteres,é dicir twitter permite informar os membros da tua rede do que estas a facer en cada momento de xeito moi breve. O numero de usuarios de Twitter é de 50 millons en todo o mundo sendo en España de 3 millóns. Twitter só permite subir imaxes a traves de paxinas externas e creando links externos o que é un punto negativo en canto ó tema da facilidade de uso. É a rede que maior difusión sufre entre xente famosa e a que permite agora á calquer usuario coñecer que estan facendo nese mesmo momento os seus actores, cantantes ou estrelas favoritas con un só click.

Despois de presentar estas redes de xeito breve procederemos agora a desenvolver o noso traballo no cal faremos unha comparativa entre estas redes facendo fincape en que elementos teñen en comun e en que se diferencian, amosando sempre cal é máis facil de usar. Hai que ter en conta que para que unha páxina sexa facil de usar debe posuír duas características fundamentais:

  • Non facer pensar: o usuario da páxina cando quere exectuar una acción non quere ter que verse envolto en moitos rexistros, non quere ter que pensar moito o que facer, senón que a maioria de usuarios queren unha resposta inmediata.
  • Intuitividade: esta segunda característica esta relacionada coa anterior, e refírese a que o usuario debe saber de antemán sen ter que buscar moito donde clickar en función do que queira facer.


Por tanto á hora de construir calquera paxina web ou neste caso rede social debemos ter en conta en que redes estas caracteristicas se cumpren e en cales non.

Ferramentas das redes sociais
As ferramentas que proporcionan en xeral as redes sociais en Internet son:

  • Actualización automática da libreta de direccións
  • Perfís visibeis
  • Capacidade de crear novos enlaces mediante servizos de presentación e outras maneiras de conexión social en liña


Clasificación das redes sociais segundo unha axencia española

GENERALES:
- Facebook
- Hi5
- Netlog
- Ning
- Twitter

FANS
- Jugones: Xbox Live, Viciaos
- Bloggers: Alianzo, Bitacoras
- Música: RedKaraoke, MySpace , Nvivo
- Libros: Librofilia, Dejaboo
- TV/Películas: Catódicos, Mysofa
- Genealogía: Genoom, Kindo
- Gastronomía: TVCocina, Descorchados , Vinogusto
- Viajes: minube, Wolpy
- Moteros: Moterus, eburra
- Deportes: Incondicionales, Servifutbol

ESTADOS VITALES
- Jóvenes: Tuenti, Wamba
- Padres: Lazoos, Pequelia
- Abuelos: Abuelos en la red
- Salud: Vi.vu
- Vecinos: Mapalia, Guadalinfo

CONTENIDOS
- Fotos: Flickr, Fotolog
- Links: del.icio.us, Menéame
- Tiendas: 11870, Salir
- Vídeos: Youtube, Dalealplay

PROFESIONALES Y ACTIVISTAS
- Profesionales: Linkedin, Xing
- Activistas: Change.org, Tuplanet
- Innovación abierta: ideas4all
- Programadores y diseñadores: Domestika, NotasWeb
- Políticos: Las Ideas, Red Liberal, IloveIU


Conclusións

Neste punto imos valorar se as tres redes sociais que imos analizar responden aos criterios que se espuxeron antes para valorar a usabilidade destas redes sociais:


Tuenti:

En canto á facilidade de aprendizaxe – pantalla de rexistro sinxela e sintética. O novo usuário atopa a sinxela ao encontrarse nunha rede nova e consegue atraer ao internauta.

Unha vez pasada esta pantalla entramos no índex, O elemento principal do índex, como o das redes sociais que analizamos centra a súa atención nas novas e actualizacións dos membros da comunidade (ocupan a parte central).

No lateral esquerdo a información básica do perfil (Nome e acontecementos que te incumben), e eventos próximos, e á esquerda un chat cós contactos.

É un bo exemplo do que se falou antes “non me fagas pensar”. O usuario non ten que realizar moitas accions nin clickar demasiado pra acadar a que quere. As opcións máis recorrentes están nos laterais e no centro da paxina, e unha serie de opcións máis secundarias teñen o seu acceso na barra de botóns superior.


Facebook
:

Pantalla de ingreso máis atractiva aínda que esixe máis atención ao usuario e desviar a mirada dos outros elementos, que a primeira vista parece irrelevantes neste momento.

Unha vez dentro, o novo usuario desta rede pode verse envolto nun caos de contidos e accesos porque o deseño da paxina non é qe se poida chamar precisamente “ergonómico”, senón que está excesivamente sobrecargado de tarefas e publicidade.

Esta e unha gran diferenza con tuenti, que aínda que seguen o mesmo esquema, éste reduce as dimensións da pantalla para non facer scroll continuamente, mentres que facebook prefire ampliar as súas dimensión e amosar máis contidos pero isto vai en contra dun principio básico de usabilidade, facer traballar ao internauta o menos posible.

Ademais a cantidade excesiva de opcións e tarear pode confundir ao usuario de tal forma que cando precise dalgunha en concreto pode que teña dificultades para atopala.

Certo é que en relación coas outras dúas redes que analizamos posúe moitas máis funcións, actividades e xogos online que poderiamos chamar “sociais” (xa que os demais membros da rede poden xogar de forma interactiva e cooperativa ás veces), aínda que se somos rigorosos, non son funcións esenciais e básica que unha rede social debe cumprir.

Twitter:

En contraposición a Facebook, Twitter amosa a meirande sinxeleza á que podemos chegar exprimindo o concepto de rede social.

Unha pequena barra de menú na parte superior dereita e unha columna central na que aparecen ligados as novidades referentes aos membros e amigos que teñamos na rede xunto coa nosa propia información de perfil e opcións básicas son a columna vertebral desta singular rede. Probablemente poidamos falar da rede máis ergonómica, xa que o espazo está adaptado ás necesidades do usuario, posúe os elementos que máis trascendentes lle resultan nun lugar central no cal pon a vista cando entra na páxina sen ter que desviar a vista a un lateral ou a outro para atopar as opcións que precisa máis a miudo.

O usuario non pensa, ten todo á vista e de fácil acceso, menos traballo e polo tanto máis rapidez de uso.

¿Pra que encher a páxina de funcións extrafalarias e trapalladas diversas se o usuario só precisa unha serie de funcións básica e primitivas? Premio.


Conclusións

  • Modelo xeral:

Aínda que os tonos son diversos, as tres redes que comparamos teñen un punto en común, a cor azul. Dende un azul máis relexante e disimulado de facebook e twitter aos distintos tons de azul que emprega tuenti.

A parte central está habitualmente adicada ás novas e actualizacións recentes acontecidas na rede e aos membros da mesma, xa sexa con comentarios nos taboleiros persoais, novas fotos, etc.

Nos laterais, próximos ao centro, as funcións esenciais que o usuario emprega con maior frecuencia, aínda que con diferenzas no seu deseño e na ergonomía do espazo.

Por último, unha barra superior de botóns que adoitan presentar as mesmas funcións; o inicio, o perfil persoal, a bandexa de entrada de mensaxes privados e a opción de buscar máis xente na rede.

  • Relación velocidade de acceso-facilidade-deseño:

Tuenti: boa rapidez de acceso, boa facilidade e bo deseño; unha rede equilibrada.

Facebook: lenta para acceder a ela, a facilidade para novos usuarios é reducida pero conforme o uso reiterado de facebook, vanse aprehendendo as súas funcións, e por último o deseño é quizais algo sobrecargada.

Twitter: Boa velocidade de acceso, enorme facilidade de uso aínda que cun deseño que pode parecer excesivamente simple ao lado das outras dúas.

  • Elementos para maior facilidade de uso:
  1. Accesos directos ou iconas ás opcións sen ter que facer moitos clicks.
  2. Subida de fotos, videos... de forma múltiple, sen que reduza en exceso a velocidade de procesamento.
  3. Posibilidade de contacto inmediato ou practicamente inmediata cos outros membros da rede (social – sociedade – socialización).

PUBLICACIÓN ONLINE DO TRABALLO EXPOSTO EN CLASE

Antes de nada, concretar que como xa falamos con Marita, o noso traballo foi esencialmente oral e de exemplificar a través de webs e imaxes, polo que o contido escrito eran esquemas que nós íamos desenvolvendo. Por iso, o contido escrito redactado é escaso, pero redactamos un pouquiño máis algunha das ideas para publicala aquí. Tamén sentimos a tardanza, pero coas vacacións de por medio non estivemos xuntos os compoñentes de grupo polo que non podíamos poñer en conxunto as distintas partes do traballo nin redactar as ideas para poñelas na web.

Pero agora aquí está xa o noso traballo iogurteiros! Subiremos tamén a presentación Power Point para que poidades ve-las imaxes coas que desenvolvemos o noso traballo.

Saúdos e ata pronto!

miércoles, 16 de diciembre de 2009

Deseño centrado no usuario e redes sociais

Respecto a exposición de Xacobe, Beatriz e Nuria pareceunos unha exposición con un amplo contido teórico e interesante no aspecto en que quedaron claros os contidos que debe ter unha páxina para que sexa de maior gusto do usuario. Quizáis foi un pouco breve e puido ser algo máis amena con algun tipo de exemplificación.

Respecto as redes sociais como foi a nosa exposición nada que comentar. Simplemente que a nosa rede favorita é Facebook porque ten maior cantidade de aplicacións apesar de que non sexa a máis facil de usar. Que sexa a nosa favorita non quere decir que sexa a máis difundida, que está claro que neste país funciona mellor tuenti. Por outro lado animamosvos yogurines a facervos un Twitter!

Saúdos e biquiños de Yogurt de chocolate!!!

lunes, 7 de diciembre de 2009

Preguntas acerca dos documentos

Guia Breve CSS

- Non queda claro o tema dos selectores e das declaracións
- Non se entenden ben os exemplos de como dar estilo a un documento

Evolución web

- ¿Que son wikis?
-¿Que é un lector RSS?

Origenes animación

-¿Que é un Sketchpad?

Tipografía

-¿En que afecta o uso do HTML na tipografía?

Tags_ audiencias

-¿Que son cachés e proxies?
- Non queda clara a diferencia entre tags e logs

Etiquetashtml

- Non explica en ningun momento como combinar estes códigos para crear unha web

Imaxex_web
- ¿En que se diferencia un TIFF dun BMP?

Comentario e reflexión sobre a exposición: Calidade dos contidos web

Unha competencia tan importante como a propia existencia dunha páxina web;
a calidade dos contidos que pretende transmitir ao internauta que a ela accede.
O certo é que ao falar de calidade tamén se fala implícitamente doutros factores
trascendentais a ter en conta cando se deseña e configura unha páxina web;
a cantidade dos contidos, a distribución dos mesmo (aquí realmente falariamos do
deseño que a páxina adopte para adaptarse aos contidos aínda que tamén é relevante),
a fiabilidade dos contidos (un punto articular neste tema xa que un contido fiable é un
contido no que se pode confiar e, polo cal, ao cal se pode recorrer sen perigo de ser
enganado), o feito de que haxa unha conexion intrínseca entre a forma que adopten os
contidos e os propios contidos, e por ultimo, e non por iso menos importante as facilidades
que se lle presten ao usuario dos mesmos para o seu acceso (referíndonos esencialmente
á rapidez de acceso á páxina).
Boa exposición e boa exemplificación tamén.

Comentario e reflexión sobre a exposición: Logotipos

Un tema tan importante e identificativo como é a representación corporativo por medio dunha icona, texto ou elemento combinativo dos dous anteriormente citados é un asunto trascendental no recoñecemento dunha empresa ou institución.
De feito, esta exposición amosou uns aspectos moi interesante arredor do tipo de logotipos, da etimoloxía e uso correcto ou non da propia palabra "logotipo" e así mesmo, de aportar un tipo de pautas sobre as consideracións e factores que inflúen á hora de diseñar un logotipo efectivo.
Exemplos non faltaron; o máis emblemático para o que puidemos apreciar nós foi o de Google, unha verdadeira identidade corporativa que simboliza maxistralmente o que podemos chamar dinanismo. Dinamismo que non só se pretende identificar coa empresa senón tamén co logotipo.
A entrevista coas Maruxas Creativas pareceunos moi apropiada e de reforzo sobre o que xa comentaran Lucía, Zaida e Patricia.
E por último sinalar que o xogo dos logotipos puxo un punto e final a unha moi traballada exposición e entretida.