jueves, 26 de noviembre de 2009

Consellos e advertencias para realiza-la nosa web extraídos das exposicións do 25/11/2009


Tipografía:


  • Vixia-lo espaciado entre as letras e liñas (adecuándoo segundo o caso).
  • É importante a decisión sobre o tipo de fonte e estilo das letras, xa que vai caracterizar e darlle personalidade ó texto, por iso debe haber coherencia entre o tipo de letra e o que representa.
  • Hoxe en día, non se debe prestar atención ás marxes e páxinas: iso quedou no pasado, nas máquinas de escribir.
  • As cores deben combinar tamén co estilo da letra, para facer o texto úniLista numeradaco e coherente, ademáis de fácilmente recordable.
  • A cor de fondo da páxina non debe facer difícil a lectura do texto.
  • Trata-los números como letras.
  • Poñe-las tipoloxías de letra diferentes ó mesmo tamaño.
  • As letras máis grandes deben levar menos espaciado.

Elementos da comunicación audiovisual:

  • É importante ter en conta a paleta de cores (paleta web con 216 cores), e combinalas tamén con algo de coherencia e axeitándoas ó contido do texto.
  • Vixiar a saturación.
  • Elexir un textura axeitada ó que queremos representar ou comunicar.
  • A colocación dos elementos debe ser cómoda e fácilmente accesible (facilidade de uso).
  • É importante prestar atención ós módulos.

miércoles, 18 de noviembre de 2009

Idea para paxina web!

Saúdos yogurines,
Despois de mil ideas vagando pola nosa cabeza, metada desbotadas por nos mesmos e as outras desbotadas por Marita, a nosa idea actual é crear unha paxina web da nosa propia axencia de publicidade. A idea veunos mentres tomabamos un vitalinea de danone acompañado de ron cola. A idea é unha paxina dirixida a empresas que soliciten a nosa creatividade para promocionar os seus productos no mercado nacional e internacional. Somos especialistas en campañas dirixidas á xuventude, de productos como, perfumes, preservativos, roupa, alcohol, xeados, tecnoloxía. Somos unha axencia a que nos gusta xogar co provocativo e cos temas tabús e explotalos ó maximo; iso permítenos impactar moito máis o espectador.
A paxina web como primeira idea queremos que sea orixinal, cunhas cores escuras tampouco moi rechamantes, donde expoñamos algun dos nosos traballos e información referente ó cantacto, tarifas, ambito laboral, estatísticas etc...
Este é o proxecto inicial vexamos como se desenvolve a nosa idea.

Bikiños de yogur de fresa!!!

miércoles, 11 de noviembre de 2009

Guion Trabajo "Analisis de facilidade de uso"

1. Introducción

- Presentación de Facebook, Tuenti e Twitter: puntos fortes e debiles de cada rede.

- Presentación das caracteristicas que unha paxina web debe ter, para o seu uso sinxelo.. “No me hagas pensar” “Intuitivas”

- Explicar de xeito breve como desenvolveremos o noso traballo.

- Concepto de rede social

2. Obxectivos

- Descubrir cales son as redes sociais de maior facilidade de uso, mediante unha análise comparativa entre estas.

- Reflexionar en que medida os servizos que ofrecen son mais ou menos sinxelos de usar.

3. Desenvolvemento

- Analizar se os criterios de facilidade de uso se cumplen nestas páxinas.

- Comparar en que páxinas estes criterios se cumplen en maior/ menor medida.

4. Conclusións

- Chegar a unha conclusión acerca de que modelo de deseño xeral siguen estas redes sociais.

- Reflexion acerca da relación: velocidade de acceso- facilidade de acceso – deseño da paxina.

- Concluir que elementos debe conter unha páxina para que sexa o máis facil de usar posible e seleccionar cal destas tres paxinas cumple mellor os requisitos de facilidade de uso.

jueves, 15 de octubre de 2009

Empezamos...

Queridos yogurines,
nos encontramos en clase aprendiendo a usar el Flash.
Un poco cansados debido a la fiesta de anoche pero con muchas ganas de aprender :)
Por el momento parece sencillo, pero, quien sabe que sorpresas nos deparara este programa!
Lo veremos en la proxima entrada.

See you yogureeees!!!

viernes, 9 de octubre de 2009

Comentario de: Wonderful 5

Inicio tipo grupo de música, axeitado e correcto. O menú de exploración de contidos é un elemento cambiante que pode confundir. Algunha sección semella estar desordeada (galería), pero os contidos biográficos están correctos e as anclaxes e enlaces externos funcionan. Quizáis bótase un chisco de menos que haxa máis botóns de acceso no menú de navegación para diversificar os contidos. Pero en xeral, ben feita, tipo web de grupo de música

Comentario de: Guioniza

A pantalla de inicio podería estar máis traballada. A disposición dos menús segue o modelo orixinal de aliñalos en posición vertical aínda que adaptado ao contedor en forma de script ou guión. Hai que remarcar o espazo está mal aproveitado posto que todo o contido está concentrado no medio da páxina. O recurso do Post-It é orixinal, pero quizáis quedaría mellor cun titular e un subtítulo e un link á noticia completa. Os contidos son acertados.

Comentario de: Aolimite

Fifty-fifty. Os contidos son útiles, están ben escollidos e responden ao interese xeral da páxina.
Pola outra banda, o deseño é pintoresco e algunhas seccións están deseñadas de tal forma que semella que "o importante é encher o oco" e crear unha páxina escesivamente longa e con necesidade de facer scroll moitas veces. As anclaxes e os links están correctos.