Mostrando entradas con la etiqueta webs. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta webs. Mostrar todas las entradas

sábado, 17 de abril de 2010

Comentarios sobre as webs

FRIKISPORTS:
-Deseño: o deseño non é forte desta páxina. Mezcla estruturas formais con outras que tiran cara o contrario.
-Funcionalidade: a verdade é que a estrutura da páxina ten todo que ver co título da mesma. Cumpre o seu propósito.
-Contido: teño que dicir que este si é o punto forte da páxina. Resultoume moi graciosa e interesante a maior parte da información.
-Utilización: ás veces tarda moito en cargar, como no falso index. Ao ter un fondo branco, non hai moitos problemas de visualización.
Nota: 7.

BANG:
-Deseño: considero que o deseño é moi acorde coa temática que tratan e gústame o detalle de que os botón sexan pistolas.
-Funcionalidade: está moi ben adaptada a como son as páxinas web de películas de verdade, non lle falta ningún servizo neste aspecto.
-Contido: moi orixinal, xa que é todo do colleita propia do grupo.
-Utilización: é unha páxina fácil de navegar. Clara e concisa.
Nota: 7,5.

REVOLUCINE:
-Deseño: moi ordenada e estruturada. Gústame a elección de cores e e fotos; moi acorde. O que non me convence de todo é a tipografía.
-Funcionalidade: é unha páxina moi interesante, aínda que non queda totalmente definido o seu propósito dende o meu punto de vista.
-Contido: orixinal, sobre todo o das preguntas sobre cine. Pero poríalle algunha sección máis.
-Utilización: un gran punto a favor, que a falsa portada carga moi rápido. É moi fácil de navegar e non dá lugar a confusións. Pero creo que hai un problema cos botón porque pon ‘missing plugging’.
Nota: 9.

MALDIA:
-Deseño: gústame moito porque as cores e a estética están totalmente adaptadas ao heavy.
-Funcionalidade: considero que ten todos os aspectos que unha páxina sobre un grupo desas características debería ter.
-Contido: ademais de orixinais, gústame o slide de fotos e os enlaces aos seus blogs e demais páxinas. Permiten coñecelo todo sobre o grupo.
-Utilización: moi sinxela, navégase de forma moi cómoda e os menús e seccións son moi claros. Ben feito rapaces!
Nota: 8,5.

AS TRES EN PUNTO:
-Deseño: sen dúbida, este aspecto é o mellor desta páxina. Creo que xenial quédase curto. O único que sería un pouco negativo e que dependendo de en que ordenador e con que pantalla vexas a páxina, está queda ás veces como un pouco estirada, porque ao ter os bordes negros aos lados ás veces queda moi vertical.
-Funcionalidade: o propósito da páxina, que é darnos a coñecer a estas tres belezas, queda máis que cumprido. Se alguén está buscando unha escritora, unha pintora ou unha fotógrafa, vai ficar satisfeito cando vexa ‘As tres en punto’.
-Contidos: tremendamente orixinais e creativos, creo que debe ser tamén das que máis me gustou de todas. A verdade é que estas rapazas si que saben de promocionarse.
-Utilización: a pega que ten é que tantos contidos tan interesantes ralentizan moito a páxina, porque son moitos vídeos, fotos etc. A navegación é fácil e intuitiva.
Nota: 8.

AS DE CORAZÓNS:
-Deseño: cores axeitadas ao tema do corazón. A tipografía non me convence de todo.
-Funcionalidade: claramente, cumpre a súa función e con creces: ridiculizar o mundo do corazón.
-Contido: é unha páxina moi creativa e orixinal, xa que todos os contidos son feitos polos creadores.
-Utilización: tarda en cargar debido á grande cantidade de contidos audiovisuais. Os menús e as seccións son clara e concisas, polo que a navegación non se complica.
Nota: 9.

MADRESELVA:
-Deseño: encántame o deseño desta páxina. Sinxelo, alegre e totalmente dacordo coa temática.
-Funcionalidade: a que mellor se adapta sen dúbida á súa misión. Ademáis, ten proxectos de futuro como crear unha sección onde se mostren os xardíns etc.
-Contido: moi completa e non deixa dúbidas en ningún aspecto.
-Utilización: moi fácil de navegar, carga rápido e todo está moi claro. Felicidades Isac, simplemente xenial!
Nota: 10.

CHITA FAN CLUB:
-Deseño: o deseño diría que non é moi profesional, pero as cores si están ben escollidas ao meu parecer.
-Funcionalidade: a verdade é que para o que foi creada, a páxina é realmente útil. Non tiña nin idea da metade das cousas que conta. E todo funciona correctamente. Así que o seu propósito cumpriuse.
-Contido: realmente orixinal. Non creo que sexa moi fácil atopar e xuntar toda a información para crear unha web coherente sobre a mona Chita.
-Utilización: é sinxela e carga rapidísimo. Os menús estáticos e séguese unha organización coherente en toda a páxina.
Nota: 7,5.

M.GESTEIRA:
-Deseño: sinxelo e con coherencia de cores. A tipografía non me convence moito. Porén, as sección están moi ben estruturadas.
-Funcionalidade: cumpre a súa misión, a de publicitar a devandita empresa.
-Contido: sobrios e adecuados á temática. Informan sobre a actividade da empresa. A pena é que ao escoller publicitar unha empresa real, a orixinalidade está moi limitada.
-Utilización: fácil de navegar e sinxela. Non presenta ningún tipo de problema.
Nota: 7.

DEPORTE NO ES SOLO FÚTBOL:
-Deseño: a verdade é que a estética desta páxina non é o seu forte, pero a intención que lle dá é alegre.
-Funcionalidade: correcta. Dáse información sobre o resto dos deportes que non son o deporte rei.
-Contido: axeitado, e paréceme boa a idea do mapa e a do crucigrama.
-Utilización: tarda bastante en cargar o index. Os menús son claros e concisos e as cores non dificultan en ningún momento a navegación.
Nota: 7.

MEQUETREFES:
-Deseño: o deseño é bo, aínda que considero que as cores non están ben escollidas pois queda unha páxina mois escura ás veces e por exemplo o botón de acceso (Entrar) apenas se distingue entre o fondo negro.
-Funcionalidade: dá a información que daría calquera páxina dun grupo de teatro, e considero que é útli para coñecelos.
-Contido: tamén orixinal pois intentaron facer uso da linguaxe para darlle un toque máis orixinal á páxina, aínda que segue sen convencerme dentro do diseño a tipografía, que alterna maiúsculas e minúsculas e algunhas outras cousas.
-Utilización: é sinxela de utilizar, os links funcionan correctamente e a única pega e que tarda un cachiño en cargar.
Nota: 7.

SE TE VA LA OLLA:
-Deseño: as cores son axeitadas ao contido, sen embargo creo que non deron coa combinación correcta de estrutura, cores etc. para chegar a unha estética máis axeitada.
-Funcionalidade: falan realmente do que anuncian, aínda que o propósito da páxina ás veces queda un pouco sen definir.
-Contido: gústame que escollesen esta idea porque a ninguén se lle pasou pola cabeza facer unha páxina sobre un tema que sexa de tanto interese para os adolescentes.
-Utilización: non resulta unha páxina moi intuitiva. Se estivese estruturada doutra formo coido que sería máis fácil de navegar.
Nota: 7.

MASTERCAV’S:
-Deseño: gústame moito a estética da páxina: as cores, a distribución, as seccións…
-Funcionalidade: sen dúbida, para nós a de maior utilidade. É xenial poder ver os traballos e perfís dos nosos compañeiros.
-Contido: simplemente xeniais, pero ¡faltaría máis! ¡Se somos nós!.
-Utilización: é sinxela e con menús claros. Moi ben feito rapazas! :)
Nota: 9.

SMDb:
-Deseño: a estética non é realmente do meu gusto, pero iso si, é máis que axeitada para o tema. Porén, creo que queda moi pequeno o vídeo, as letras e a descrición dos filmes.
-Funcionalidade: realmente impresionoume o que escolleron, pero creo que falta algunha película máis nalgún dos botóns.
-Contido: interesante, e sobre todo para nós CAV’s. Pero como xa dixen, ampliaría algunha das seccións.
-Utilización: ao principio non resulta moi intuitiva, pois non sabes moi ben cara onde dirixirte cando a abres por primeira vez. Pero unha vez que xa entraches, vai como a seda.
Nota: 9.

NEOTERISTAD:
Valorar o traballo dun mesmo sempre resulta complicado, así que vou tentar ser o máis obxectiva posible. O deseño da páxina considero que é axeitado, aínda que as cores poden resultar chocantes ás veces. O falso índex resultou non ser moi intuitivo, pero polo contrario o resto da páxina si que considero que é cómoda e fácil. Quizais resulte ás veces un pouco sobria, ás veces un pouco colorida, pero cumpre totalmente a función dunha empresa de publicidade. En canto os contidos, creo que son orixinais e interesantes para a xente de clase, pois estamos amosando proxectos de compañeiros doutras facultades que estudan o mesmo ca nós. E a navegación creo que é, xunto cos contidos, o mellor aspecto da páxina. Sinxela, con botóns traballados e que axudan á navegación, os links funcionan todos perfectamente e ningún elemento da páxina fai nada fora do previsto. Todo no seu sitio, como ten que ser nunha boa empresa ;)

Caterina Lima Martínez