jueves, 15 de octubre de 2009

Empezamos...

Queridos yogurines,
nos encontramos en clase aprendiendo a usar el Flash.
Un poco cansados debido a la fiesta de anoche pero con muchas ganas de aprender :)
Por el momento parece sencillo, pero, quien sabe que sorpresas nos deparara este programa!
Lo veremos en la proxima entrada.

See you yogureeees!!!

viernes, 9 de octubre de 2009

Comentario de: Wonderful 5

Inicio tipo grupo de música, axeitado e correcto. O menú de exploración de contidos é un elemento cambiante que pode confundir. Algunha sección semella estar desordeada (galería), pero os contidos biográficos están correctos e as anclaxes e enlaces externos funcionan. Quizáis bótase un chisco de menos que haxa máis botóns de acceso no menú de navegación para diversificar os contidos. Pero en xeral, ben feita, tipo web de grupo de música

Comentario de: Guioniza

A pantalla de inicio podería estar máis traballada. A disposición dos menús segue o modelo orixinal de aliñalos en posición vertical aínda que adaptado ao contedor en forma de script ou guión. Hai que remarcar o espazo está mal aproveitado posto que todo o contido está concentrado no medio da páxina. O recurso do Post-It é orixinal, pero quizáis quedaría mellor cun titular e un subtítulo e un link á noticia completa. Os contidos son acertados.

Comentario de: Aolimite

Fifty-fifty. Os contidos son útiles, están ben escollidos e responden ao interese xeral da páxina.
Pola outra banda, o deseño é pintoresco e algunhas seccións están deseñadas de tal forma que semella que "o importante é encher o oco" e crear unha páxina escesivamente longa e con necesidade de facer scroll moitas veces. As anclaxes e os links están correctos.

Comentario de: Minimalab

Fantástica!
A secuencia de introducción, integrada no propio Index da web está perfectamente colocada e fita moi ben coa disposición dos menús de acceso aos contidos. En cadanseu menú, as fotos e imaxes contan co elemento da previsualización, o cal facilita a visualización das mesmas sen necesidade de abrir unha nova pestana. Un link roto en toda a web, pero en fin, non somos perfectos.

Comentario de: Oitenteiros

Un vídeo de YouTube no inicio é un pouco desconcertante e tamén un xeito fácil de acabar antes. O deseño é bastante infantil e desequilibrado. O flash brilla pola súa ausencia (só presente no apartado de música, e aínda por riba os links non funcionan) e a disposición dos contidos dentro dos menús é aleatoria e desordeada. Pero, iso si, qué recordos!!

Comentario de: Artesala

A secuencia de presentación é excesivamente longa, e a idea de adxudicar un enlace a unha imaxe é acertada pero a resolución réstalle un pouco de calidade. Do mesmo xeito que nas dúas webs anteriores o flash estaba ben empregado, nesta fóiselles das mans. Ralentiza moito a navegación xeral nos contidos e destaca a ausencia dun enlace ó índice anclado ó logo. O carácter humorístico dos contidos pode suavizar un pouco estes erros.

Comentario de: Zapa

Do mesmo xeito que a web que recén comentou a miña compañeira Caterina, o deseño da web é orixinal, pero máis livián ca a páxina anterior. Os links están ben, salvo o foro que por mor, quer de inactividade, quer de problemas alleos está "morto", e a disposición xeral dos menús e dos contidos é contemporánea e fai máis atractiva a aparencia. O punto negativo sería quizáis, a excesiva tardanza en cargar a pantalla de inicio, pero sen maior importancia.

Comentario de: Que te quero

O inicio é canto menos orixinal. A diferenza das webs anteriories o flash está omnipresente e agradécese. A colocación do menú tamén é un aspecto innovador. O deseño xeral aínda que estea un pouco recargado combina ben co contido da páxina. As anclaxes están correctas e aparentemente non hai ningún link roto. Good work!

Comentario de: Ken and the dolls

A screen de presentación é un pouco simple, o efecto non é (ou non aparenta ser) demasiado profesional. O deseño da páxina é equilibrado e coloca, con acerto, o menú na parte superior. O deseño dos botóns de menú é innovador, á vez que arriscado, aínda que acadaron un resultado satisfactorio. Só compre sinalar, se cabe, algúns links rotos ou caídos, a imposibilidade de descargar o video do inicio, e quizáis, bótase de menos a presenza dos botóns de "volver".

Comentario de. Tutti Frutti

A pantalla de presentación parece un pouco ostentosa e sobrecargada. Hai que dicir que algún visitante pode notar unha combinación de cores demasiado rechamante e excesivos elementos de corte infantil. No funcionamento dos elementos de navegación, e de acceso non hai erros notorios, os menús funcionan correctamente e as anclaxes parecen estar correctas. Sen embargo, chama a atención o contraste entre o deseño xeral da web e o fondo da mesma co menú de navegación, visiblemente austero.

Comentario de: Radioactivos

A apariencia da páxina é adecuada en relación coa temática da mesma: a radio, o seu pasado e o seu presente. Ten elementos enxeñosos coma o dial informativo da emisión que se está a difundir neste momento na parte inferior e os links de acceso ás principais emisoras de radio españolas así como a súa programación. O único erro apreciable pode ser algún link erróneo nas direccións das webs das emisoras así como a presencia inadvertida do flash.

jueves, 8 de octubre de 2009

Welcome to the fridge


Saúdos queridos ioguríns,
hoxe iniciamos este espazo para reflecti-lo noso avance como diseñadores gráficos ó longo do curso.
Cada semana iremos actualizando o blog con información e novidades sobre o progreso da nosa web. O staff da páxina está composto por Boris Rodríguez, Caterina Lima e Diego Pérez, alumnos de segundo de Comunicación Audiovisual.
O noso nivel de coñecemento no relativo ó deseño gráfico é practicamente nulo a día de hoxe, pero malo será que cando remate o curso non saibamos abrir un novo documento no Dreamweaver. Pasádevos e non vos olvidedes de deixar un post ó menos.

Deica a nosa seguinte entrada,
vemonos no proximo certame de petit suisse!!