miércoles, 16 de diciembre de 2009
Deseño centrado no usuario e redes sociais
Respecto as redes sociais como foi a nosa exposición nada que comentar. Simplemente que a nosa rede favorita é Facebook porque ten maior cantidade de aplicacións apesar de que non sexa a máis facil de usar. Que sexa a nosa favorita non quere decir que sexa a máis difundida, que está claro que neste país funciona mellor tuenti. Por outro lado animamosvos yogurines a facervos un Twitter!
Saúdos e biquiños de Yogurt de chocolate!!!
lunes, 7 de diciembre de 2009
Preguntas acerca dos documentos
- Non queda claro o tema dos selectores e das declaracións
- Non se entenden ben os exemplos de como dar estilo a un documento
Evolución web
- ¿Que son wikis?
-¿Que é un lector RSS?
Origenes animación
-¿Que é un Sketchpad?
Tipografía
-¿En que afecta o uso do HTML na tipografía?
Tags_ audiencias
-¿Que son cachés e proxies?
- Non queda clara a diferencia entre tags e logs
Etiquetashtml
- Non explica en ningun momento como combinar estes códigos para crear unha web
Imaxex_web
- ¿En que se diferencia un TIFF dun BMP?
Comentario e reflexión sobre a exposición: Calidade dos contidos web
a calidade dos contidos que pretende transmitir ao internauta que a ela accede.
O certo é que ao falar de calidade tamén se fala implícitamente doutros factores
trascendentais a ter en conta cando se deseña e configura unha páxina web;
a cantidade dos contidos, a distribución dos mesmo (aquí realmente falariamos do
deseño que a páxina adopte para adaptarse aos contidos aínda que tamén é relevante),
a fiabilidade dos contidos (un punto articular neste tema xa que un contido fiable é un
contido no que se pode confiar e, polo cal, ao cal se pode recorrer sen perigo de ser
enganado), o feito de que haxa unha conexion intrínseca entre a forma que adopten os
contidos e os propios contidos, e por ultimo, e non por iso menos importante as facilidades
que se lle presten ao usuario dos mesmos para o seu acceso (referíndonos esencialmente
á rapidez de acceso á páxina).
Boa exposición e boa exemplificación tamén.
Comentario e reflexión sobre a exposición: Logotipos
De feito, esta exposición amosou uns aspectos moi interesante arredor do tipo de logotipos, da etimoloxía e uso correcto ou non da propia palabra "logotipo" e así mesmo, de aportar un tipo de pautas sobre as consideracións e factores que inflúen á hora de diseñar un logotipo efectivo.
Exemplos non faltaron; o máis emblemático para o que puidemos apreciar nós foi o de Google, unha verdadeira identidade corporativa que simboliza maxistralmente o que podemos chamar dinanismo. Dinamismo que non só se pretende identificar coa empresa senón tamén co logotipo.
A entrevista coas Maruxas Creativas pareceunos moi apropiada e de reforzo sobre o que xa comentaran Lucía, Zaida e Patricia.
E por último sinalar que o xogo dos logotipos puxo un punto e final a unha moi traballada exposición e entretida.
jueves, 26 de noviembre de 2009
Consellos e advertencias para realiza-la nosa web extraídos das exposicións do 25/11/2009
Tipografía:
- Vixia-lo espaciado entre as letras e liñas (adecuándoo segundo o caso).
- É importante a decisión sobre o tipo de fonte e estilo das letras, xa que vai caracterizar e darlle personalidade ó texto, por iso debe haber coherencia entre o tipo de letra e o que representa.
- Hoxe en día, non se debe prestar atención ás marxes e páxinas: iso quedou no pasado, nas máquinas de escribir.
- As cores deben combinar tamén co estilo da letra, para facer o texto único e coherente, ademáis de fácilmente recordable.
- A cor de fondo da páxina non debe facer difícil a lectura do texto.
- Trata-los números como letras.
- Poñe-las tipoloxías de letra diferentes ó mesmo tamaño.
- As letras máis grandes deben levar menos espaciado.
Elementos da comunicación audiovisual:
- É importante ter en conta a paleta de cores (paleta web con 216 cores), e combinalas tamén con algo de coherencia e axeitándoas ó contido do texto.
- Vixiar a saturación.
- Elexir un textura axeitada ó que queremos representar ou comunicar.
- A colocación dos elementos debe ser cómoda e fácilmente accesible (facilidade de uso).
- É importante prestar atención ós módulos.
miércoles, 18 de noviembre de 2009
Idea para paxina web!
Despois de mil ideas vagando pola nosa cabeza, metada desbotadas por nos mesmos e as outras desbotadas por Marita, a nosa idea actual é crear unha paxina web da nosa propia axencia de publicidade. A idea veunos mentres tomabamos un vitalinea de danone acompañado de ron cola. A idea é unha paxina dirixida a empresas que soliciten a nosa creatividade para promocionar os seus productos no mercado nacional e internacional. Somos especialistas en campañas dirixidas á xuventude, de productos como, perfumes, preservativos, roupa, alcohol, xeados, tecnoloxía. Somos unha axencia a que nos gusta xogar co provocativo e cos temas tabús e explotalos ó maximo; iso permítenos impactar moito máis o espectador.
A paxina web como primeira idea queremos que sea orixinal, cunhas cores escuras tampouco moi rechamantes, donde expoñamos algun dos nosos traballos e información referente ó cantacto, tarifas, ambito laboral, estatísticas etc...
Este é o proxecto inicial vexamos como se desenvolve a nosa idea.
Bikiños de yogur de fresa!!!
miércoles, 11 de noviembre de 2009
Guion Trabajo "Analisis de facilidade de uso"
- Presentación de Facebook, Tuenti e Twitter: puntos fortes e debiles de cada rede.
- Presentación das caracteristicas que unha paxina web debe ter, para o seu uso sinxelo.. “No me hagas pensar” “Intuitivas”
- Explicar de xeito breve como desenvolveremos o noso traballo.
- Concepto de rede social
2. Obxectivos
- Descubrir cales son as redes sociais de maior facilidade de uso, mediante unha análise comparativa entre estas.
- Reflexionar en que medida os servizos que ofrecen son mais ou menos sinxelos de usar.
3. Desenvolvemento
- Analizar se os criterios de facilidade de uso se cumplen nestas páxinas.
- Comparar en que páxinas estes criterios se cumplen en maior/ menor medida.
4. Conclusións
- Chegar a unha conclusión acerca de que modelo de deseño xeral siguen estas redes sociais.
- Reflexion acerca da relación: velocidade de acceso- facilidade de acceso – deseño da paxina.
jueves, 15 de octubre de 2009
Empezamos...
nos encontramos en clase aprendiendo a usar el Flash.
Un poco cansados debido a la fiesta de anoche pero con muchas ganas de aprender :)
Por el momento parece sencillo, pero, quien sabe que sorpresas nos deparara este programa!
Lo veremos en la proxima entrada.
See you yogureeees!!!
viernes, 9 de octubre de 2009
Comentario de: Wonderful 5
Comentario de: Guioniza
Comentario de: Aolimite
Pola outra banda, o deseño é pintoresco e algunhas seccións están deseñadas de tal forma que semella que "o importante é encher o oco" e crear unha páxina escesivamente longa e con necesidade de facer scroll moitas veces. As anclaxes e os links están correctos.
Comentario de: Minimalab
A secuencia de introducción, integrada no propio Index da web está perfectamente colocada e fita moi ben coa disposición dos menús de acceso aos contidos. En cadanseu menú, as fotos e imaxes contan co elemento da previsualización, o cal facilita a visualización das mesmas sen necesidade de abrir unha nova pestana. Un link roto en toda a web, pero en fin, non somos perfectos.
Comentario de: Oitenteiros
Comentario de: Artesala
Comentario de: Zapa
Comentario de: Que te quero
Comentario de: Ken and the dolls
Comentario de. Tutti Frutti
Comentario de: Radioactivos
jueves, 8 de octubre de 2009
Welcome to the fridge
Saúdos queridos ioguríns,
hoxe iniciamos este espazo para reflecti-lo noso avance como diseñadores gráficos ó longo do curso.
Cada semana iremos actualizando o blog con información e novidades sobre o progreso da nosa web. O staff da páxina está composto por Boris Rodríguez, Caterina Lima e Diego Pérez, alumnos de segundo de Comunicación Audiovisual.
O noso nivel de coñecemento no relativo ó deseño gráfico é practicamente nulo a día de hoxe, pero malo será que cando remate o curso non saibamos abrir un novo documento no Dreamweaver. Pasádevos e non vos olvidedes de deixar un post ó menos.
Deica a nosa seguinte entrada,
vemonos no proximo certame de petit suisse!!