Unha competencia tan importante como a propia existencia dunha páxina web;
a calidade dos contidos que pretende transmitir ao internauta que a ela accede.
O certo é que ao falar de calidade tamén se fala implícitamente doutros factores
trascendentais a ter en conta cando se deseña e configura unha páxina web;
a cantidade dos contidos, a distribución dos mesmo (aquí realmente falariamos do
deseño que a páxina adopte para adaptarse aos contidos aínda que tamén é relevante),
a fiabilidade dos contidos (un punto articular neste tema xa que un contido fiable é un
contido no que se pode confiar e, polo cal, ao cal se pode recorrer sen perigo de ser
enganado), o feito de que haxa unha conexion intrínseca entre a forma que adopten os
contidos e os propios contidos, e por ultimo, e non por iso menos importante as facilidades
que se lle presten ao usuario dos mesmos para o seu acceso (referíndonos esencialmente
á rapidez de acceso á páxina).
Boa exposición e boa exemplificación tamén.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Nós tamén pensamos que foi unha boa exposición. Xa sabemos que vos impresionaron os exemplos; eran para flipar en colores
ResponderEliminarO profesor Saco elaborou un vídeo tutorial sobre Dreamweaver ó que podedes acceder a partir de USC virtual>campus virtual da Usc> e xa nesta dirección
ResponderEliminarhttp://www.usc.es/campusvirtual/
identificadesvos, buscades a materia de Deseño e buscades o tutorial.
marotlo
nunca mellor dito
ResponderEliminar