Comentario sobre webs:
Seguirei o esquema que empregou a miña compañeira Caterina para facer as valoracións:
FRIKISPORTS:
Deseño: A estrutura principal está definida, pero a distribucion de botóns, enlaces... queda un pouco dubidosa, quizais iso poderiase mellorar.
Funcionalidade: quizais o referido ao deseño ten un pouco que ver co propósito da páxina en si, ou co seu título, co cal quedaría medio xustificado.
Contido: aquí sí que non hai crítica posible, ten todo o contido desexable e máis, pero sen entrar no excesivo, co cal, nada que obxectar.
Utilización: posiblemente sexa o falso index ou a primeira portada o que poida "desquiciar" un pouco ao usuario, pero superada esa barreira, non hai maiores problemas, salvo quizais, algún link perdido.
Nota: 7/10
BANG:
Deseño: moi logrado e traballado, e realmente implicado co contido da páxina.
Funcionalidade: se fixéramos unha comparativa con outras webs sobre filmes, veriamos que segue o seu esquema, co cal, nada que obxectar.
Contido: ben distribuido e dabondo tendo en conta que xurdiu da nada, sen copiar e pegar.
Utilización: salvando algunha galería ou video que poida tardar un pouco, non hai moito máis que rascar.
Nota: 7,5/10
REVOLUCINE:
Deseño: correcto, non hai un estándar sobre deseño das web sobre cine en xeral, co cal, considero unha elección e distribución das estruturas correcta.
Funcionalidade: quizáis a primeira impresión ao entrar na páxina pode quedar confusa ao ver de qué trata a web concretamente, queda un pouco difuso, pero isto pode ser pola arquetípica concepción de como imaxinamos nós unha web sobre cine.
Contido: Mestura de contidos orixinais con alleos, o cal non sempre é tarefa fácil.
Utilización: intuitiva, menús claros que non ofrecen dúbidas sobre o seu uso. O único punto negativo (ou un dos poucos) é a non-direccionalidade do banner, que leva a un dominio baleiro.
Nota: 9/10
MALDIA:
Deseño: unha estrutura moi ben definida, menús e contidos seguen un esquema fixo, o cal pode facelo un pouco máis intuitiva.
Funcionalidade: está perfectamente adaptada ao tipo de web que é, a dun grupo de heavy, cos contidos típicos e habituais neste tipo de páxinas.
Contido: a calquera que entre aquí non creo que lle quede dúbidas sobre ningún aspecto do grupo, ou iso penso eu.
Utilización: fácil, os menús deixan claro qué contidos se atopan neles.
Nota: 9,5/10
AS TRES EN PUNTO:
Deseño: máis creativo e máis traballado, co risco de que ornamentación poida retardar o cargamento da páxina, aínda que non é o caso, ben.
Funcionalidade: Axeitada ao contido que ofrece, un percorrido pola traxectoria e obra das creadoras da web.
Contido: o contido amosa todo o que o visitante de web quere obter, información e elementos audiovisuais moi ben combinados.
Utilización: moi intuitiva, quizáis das máis doadas de empregar.
Nota: 8/10
AS DE CORAZÓNS:
Deseño: se tivera que poñer unha web típica de contidos do corazón, sen dúbida poñería esta, ningunha dúbida sobre o deseño da mesma.
Funcionalidade: os contrastes están ben ligados á expectativa do usuario na procura de exclusivas, cotilleos e o morbo en xeral.
Contido: case todo novo, da cabeza dos creadores, e ben distribuido na web.
Utilización: salvo algúns problemas que teño coa carga dalgunhas imaxes (que descoñezo a súa causa, igual é cousa do meu ordenador) é bastante sinxela de utilizar.
Nota: 8,5/10
MADRESELVA:
Deseño: soberbio, moi atractivo e terriblemente traballado, e moi ben axeitado ao que ofrece esta web.
Funcionalidade: importante destacar, como a miña compañeira Caterina, que ofrece expectativas de futuro, e está preparada para iso.
Contido: todo o que se pretende buscar nesta páxina, está, nin máis nin menos. Equilibrio perfecto.
Utilización: cando a claridade dos menús e o seu atractivo está en consoancia coma neste caso hai que quitarse o sombreiro.
Nota: 10/10
CHITA FANCLUB:
Deseño: como explicou Xacobe no seu día, as cores están en boa consoancia coa temática da web, co cal a este respecto, non ten obxección, aínda que a tipografía, para o meu gusto, réstalle un pouco de "profesionalidade", pero igual é cousa miña.
Funcionalidade: quen queira facerse fan, terao moi doado pola fácil navegación que ofrece a web.
Contido: se tivera que facer un traballo sobre a mona Chita tería que esforzarme por atopar información, pero vexo que esta web, xa ten bastante, co cal, moi ben.
Utilización: como dixen anteriormente, fácil, intuitiva e sen problemas:
Nota: 7/10
MGESTEIRA:
Deseño: deseño sobrio, sen maior ornamentación, evitando un emprego de cores vivas que podería ser catastrófico, aínda que o emprego do flash costoume que se me colgase por un segundos o navegador.
Funcionalidade: o feito de adaptar unha web a unha empresa e unha dificil tarefa, xa que o usuario da web, accede cunha idea preconcebida, pero non ten ese problema.
Contido: quizáis por motivos obvios, o contido non é moi amplo, e a creatividade está restrinxida, ao tratarse dunha empresa xa existente e establecida.
Utilización: doada, sen maior problema, só facer fincapé no problema do mapa da península dunha das seccións, que, na miña opinión, é pouco intuitiva, xa que só ofrece a posibilidade de clicar nunha das provincias.
Nota: 7,5/10
DEPORTE NO ES SÓLO FUTBOL
Deseño: quizáis dea a sensación de un pouco de desorde, pero ao entrarmos vemos que os contidos están ben estruturados e repartidos.
Funcionalidade: non deixa dúbidas, quen queira ir máis aló do deporte rei, este é o seu sitio, bo tratamento dos deportes.
Contido: interesante, novidoso e cómico, ben combinado, e na maioría dos casos estruturado de forma lixeira e intuitiva para o usuario.
Utilización: do máis sinxelo que se poida ver, cada cousa para a cousa, os menús moi identitarios dos contidos.
Nota: 7,5/10
MEQUETREFES
Deseño: a portada é algo desconcertante, ao carecer dun esquema fixo, e ao entrarmos vemos que segue esta tónica. Orixinal, aínda que arriscado.
Funcionalidade: promociona o grupo de teatro Mequetrefes, con aportacións e contidos sobre o mesmo ou referidos a eles.
Contido: todo o que o visitante poida desexar ou querer saber sobre eles, niso, está completo.
Utilización: quizáis un pouco complicada que poida perder ao usuario ao inicio.
Nota: 7/10
SETEVALAOLLA
Deseño: non son de empregar cores tan rechamantes, na miña opinión pode facer que a web perda interese, pero é unha proposta novidosa, aínda que ás veces poida parecer que falta organización.
Funcionalidade: cumple, de sobra, as esixencias que a web promete ao visitante, sen dúbida.
Contido: todo o que o usuario poida querer desta web, neste senso, a web cumple de sobra os requisitos previos que o usuario procura.
Utilización: algúns links fallan nalgúns apartados, polo demais, sinxela.
Nota: 7,5/10
MASTERCAVS
Deseño: novidoso, unha combinación de cores vivas pero que non se volve "hortera", e a distribución paréceme correcta.
Funcionalidade: Mastercavs, ofrece o que calquera interesado na materia busca, e non so iso, senón que o convence definitivamente das súas pretensións.
Contido: Moi amplo, e polo tanto, moi agradecido para o que busca información ao respecto.
Utilización: se cadra puidera ser algo máis intuitiva, pero o equilibrio entre creatividade e usabilidade está garantido.
Nota: 9/10
SMDb
Deseño: innovador e impactante, quizais algo recargado, pero moi atractivo.
Funcionalidade: Satan Movie Database cumple de sobra as expectativas d'aquel que busca este tipo de contidos, non defrauda.
Contido: Xusto, o que o usuario quere, sin defraudalo, nin saturalo.
Utilización: doada, non ten elementos que a compliquen en exceso e aínda por riba ten unha interfaz apropiada e relacionada co tipo de web.
Nota: 9/10
NEOTERISTAD
Non me atopo en posición de valorar a miña propia páxina, o obxectivo é que o visitante atope nela o que busca, e que sexa o que nós lle ofrecemos, pero iso non o poido valorar eu.
Diego Pérez Cheda
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
O do caracter cómico dos contidos é o que me faltaba por oir; ao mellor dilo polo tipo de deportes, que son bastante curiosos.
ResponderEliminarNON SEI EN QUE SENTIDO CREES QUE A NOSA PAXINA PODE DESORIENTAR DIEGO, CREO QUE ESTA BASTANTE CLARO O CONTIDO DOS CATRO BOTÓNS INICIAIS
ResponderEliminarUN SAUDO
PATRICIA COUCHEIRO
Muchas gracias a todos por la valoración de nuestra página. Si queréis leer las nuestras (SMDB) están en: http://blacklogia.blogia.com/
ResponderEliminar