Comentario webs. Boris
Aínda que onte non puiden subir ao blog o meu comentario sobre as webs por problemas coa miña conexión fagolo hoxe, tendo en conta sempre que é unha mera opinión e que non son o indicado pa xulgar o traballo e o esforzo de ninguén:
FRIKISPORTS
Pareceme que a paxina web ten unha boa falsa portada, o feito de que sexa animada dalle máis mérito ó traballo. Gustame a organización xeral da páxina pero creo que as fotos deberían gardar un patrón para insertalas na web xa que unhas son máis grandes outras moi pequenas unhas vense alargadas outras moi comprimidas. Interesante o feito de estar presente nas redes sociais xa que é fundamental para unha web hoxe en día. Nota 7,5
BANG
Unha das miñas páxinas favoritas sen dubida xa que se ve moi traballada, a presencia das animacións flash en forma de pistola pareceme moi acertado; o deseño da páxina é moi acorde co tema que trata e o feito de haber feito un trailer ten o seu esforzo engadido. O tipo de letra tamén vai totalmente acorde coa temática da páxina. FELICIDADES FIXESTES UN GRAN TRABALLO. Nota 9,5
REVOLUCINE
A falsa portada esta currada pero opino que ao entrar na páxina quizais a tipografía da letra ou os colores da animación chocan un pouco. Creo que en xeral para entrar nos distintos links na sección de personaxes os colores son demasiado rechamantes e quizáis deberían ser máis discreto. Interesante á redirección mediante links aos trailers das películas.
Nota 7,5
MALDIA
As cores da páxina creo que son acordes co estilo de música que toca o grupo e creo que os apartados que ten a paxina son os xustos e necesarios que necesita a paxina dun grupo musical. É unha páxina moi clara e non crea confusión. Algúns problemas na sección Multimedia para acceder a cancions e videos. Debería solucionarse.
Nota 8
AS 3 EN PUNTO
Esta é outra das páxinas que me deixaron mellor sabor de boca non tanto polo seu contido senon polo seu deseño. Pareceme unha paxina moi atractiva á vista. Ten unha tipoloxía de letra moi atractiva e ademáis diso unha organización moi clara. Moi interesante que cando pases a flecha polas fotos cambien a unha foto que demostra a "profesión" de cada unha das rapazas do grupo.
BO TRABALLO RAPAZAS
Nota 9
NEOTERISTAD
Non vou valorar a miña propia páxina porque os meus compañeiros xa deixaron os seus comentarios acerca dela e pouco máis queda que dicir. Soamente que despos de ver os traballos dos demais un detacase de que se poderían cambiar e mellorar moitas cousas, e que é interesante oir as opinións dos demáis non como unha critica senón como un consello. Grazas polas vosas valoracións rapaces
AS DE CORAZONS
Gustame moito desta paxina tanto o seu contido como o seu deseño. Sen embargo no apartado de colaboradores hai un fallo na foto dunha membra do grupo que non aparece. Hai seccións nas que o texto queda cortado e que as fotos non quedaron ben insertadas.
Nota 8
MADRESELVA
Unha páxina que me parecería unha paxina perfectamente viable na rede e que non teño moito que comentar dela porque non lle vexo ningún defecto asi despois dun vistazo por todos os seus apartados. Ademais creo que a combinación de colores é moi boa, a inserción das imaxes perfecta.
Nota 9,5
CHITA FAN CLUB
O problema fundamental desta paxina non é nin a súa temática nin a súa organización senón a combinación de cores e a súa falsa portada pareceme que lle quita moitos puntos á páxina. Choca moito ver esas cores co fondo da arbore. O tipo de letra que emprega a paxina é demasiado sinxelo baixo o meu punto de vista. Son eses dous pequenos erros os que vexo nesta paxina.
Nota: 6,5
TRANSPORTES M.GESTEIRA
Moi currada a paxina web en xeral. O apartado flota especialmente tivo que implicar un gran traballo. Pareceme sen embargo un erro o de mostrar un mapa completo de España cando a empresa so posee rutas en Galiza polo tanto deberíase reducir a un mapa da nosa comunidade eu creo. Moi boa a combinación de colores xa que mestura moitas cores e moi ben e o tipo de letra un estilo moi sobrio e estandar debido ao estilo profesional que busca. BEN FEITO
Nota 9
DEPORTE NO ES SOLO FUTBOL
Pareceme unha páxina moi entretida pero teño que ser sincero coa combinación de colores: horrorízame. Sen embargo a páxina véxoa como antes dixen moi entretida e quizais escollerades eses colores porque a orientades a un publico máis infantil.
Nota 6,5
Mequetrefes
A organización desta páxina é un tanto desastrosa. A inserción de textos e videos é demasiado caótica. O apartado arquivo non posúe un botón como o resto e a pesar de que si queda claro o contido que haberá nese apartado logo queda moi caótico cando o presentades. Gustame por outra parte a combinación de cores que empregades. Non se fai cargante.
Nota 6,5
SE TE VA LA OLLA
É unha páxina que me gusta dende o punto de vista do contido, pero non me gusta nada dende o punto de vista do deseño. Unha tipografia moi simple para o tema que se trata, unha combinación de colores que apesar de ser chamativa non se combina ben co resto de elementos da páxina. Moi boa a idea de relacionar a páxina con redes sociais rapaces.
Nota: 6,5
MATERCAV'S
Unha páxina na que opino que prestasteis demasiada atención no contido e non tanta no deseño. Diredesme que son pesado co tema dos colores pero non me gusta moito como se combinan. Pero desde o punto de vista do contido é unha páxina que me encanta porque recolle moita información da clase e dos recordos de todos xuntos. Creo que debería quedar máis claro a donde direcciona cada carta da baralla.
Nota: 7,5
SMdB
Outra das miñas páxinas favoritas pero debo confesar que ao principio non sabía donde tiña que clickar para ver o contido da paxina por tanto creo que eso debería quedar máis claro. Moi interesante a maneira na que insertaron os videos nese aparello televisor na parte superior dereita.
Nota 8,5
martes, 20 de abril de 2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
NON SEI CON QUE XUSTIFICAS QUE TODO O DESEÑO E CAOTICO, BORIS. E UN TEMA IMPORTANTIDIMO PARA O BO FUNCIONAMENTO DA PAXINA E CONSIDERAMOS QUE OS ENLACES E VINCULOS ESTAN CLARAMENTE DEFINIDOS
ResponderEliminarUN SAUDO
PATRICIA COUCHEIRO
Xustificoo de maneira que por exemplo no apartado de noticias acerca do grupo non seguides ningun tipo de organización, parece que estan colocadas de forma aleatoria e moitas veces as letras saensevos dos cadros de texto.
ResponderEliminarPor outro lado na parte de Banda Sonora da Obra tamén tedes o cadro para oír o audio totalmente descentrado.
Por ultimo como dixen arriba, o apartado arquivo o botón non aparece.
Espero que esta explicación serva para axudar a que entendas porque considero o diseño caótico. Grazas por comentar.
Un saúdo
Boris
Grazas pola vosa colaboración. Pero sí é importante valorar o traballo dun mesmo tras a revisión dos outros proxectos.
ResponderEliminarGrazas tamén por seguir o esquema proposto para a análise das webs.
marotlo
Grazas por participar, obrigatoriamente. Traballastades. As gotas de suor aínda se ven en zonas da AI6. Non sei si Fran se sintirá moi representado, pero houbo entusiasmo e ganas de facer cousas. Eso sí, uns máis ca outros (perdón polo galego). É algo que sabedes perfectamente, pero foi, en xeral, unha promoción boa, ó igual que os vosos compañeiros do curso anterior. Así que estivo ben mentres durou. Felicidades a todos e todas e agardo ver os vosos nomes, nun futuro non moi lonxano, entre oropeis de fama e de cartos.
ResponderEliminarAgora o lado práctico. Como pechades unha etapa, admitín a trámite as vosas valoracións, así que a nota é a que vos decidistesdes co esforzo de revisar e avaliar cada web.
Sumei todas as notas por proxecto e dividin por 43, número total de persoas implicadas no proceso.
Polo tanto, a nota de Neoteristad é 6,8.
marotlo
Perdón por non apuntar horario de revisión:
ResponderEliminar- hoxe martes, de 18:00-20:30
- xoves e venres de 12:30 a 14:00
-- As notas, por suposto, son provisionais, xa que faltaba o tempo da revisión.
-- Hai 2 equipos, Madreselva e Mequetrefes que van ter máis nota porque entregaron o manual de estilo.
-- Falta a valoración das bitácoras que se incorporará á parte teórica
marotlo
Deseño: Outro proxecto xogando co negro como fondo. Está ben. É moi socorrido para chama a atención. Sen embargo, 2 pantallas de benvida non ten moito significado nin aporta moito, só retrasa o acceso á información. A pantalla de cargando, ¿cal sería o obxectivo? E a páxina de inicio non debería ter desprazamento vertical. As primeiras páxinas, aquelas que ofrecen a información directa ó usuario, sería recomendable que se viran na resolución elegida e dun pantallazo. O deseño estaría máis axeitado se non houbera que facer desprazamentos. Tal como ocupa a cabeceira, a información queda un pouco invisible.
ResponderEliminarFuncionalidade: Correcta, cun menú visible constantemente e que funciona.
Contido: No entendo a páxina de Campañas, porque os anuncios non son propios. Están feitos por alumnos da Pompeu Fabra e están dispoñibles na rede. O de “Magnum”, por exemplo, está colgado en YOUTUBE dende hai dous anos. Habería que decilo. Pensei que iades facer algunha cousa propia. Por que aviso legal, privaciade e equipo se abre noutra ventá?.
Organización: Elementos flotantes (botón) que interrompen a navegación. Aparece 2 veces a categoría de Equipo, con información diferente. Confuso.
En politica de privacidade, os botóns aparecen enriba do texto, ó final da páxina.
bo traballo
marotlo
As notas definitivas inclúen
ResponderEliminarProxectos e axustes
Manual estilo: 0,4
Blogs (relación entre número de entradas, participación noutros blogs e resumos exposicións): 0,3, 0,4 ou 0,5
Traballos teóricos e exposicións: 0,3 ou 0,5
marotlo
Temas que entran no exame (deixados na carpeta de traballo e sobre os que tiveron que realizar consultas nos blogs):
ResponderEliminarcadrorecursosmultimedia; colorweb; consejosbuendiseno; deseno_web_xeral; evolucion_web2_0; facilidaduso-variantes_web; fasesproxecto; Guia_Breve_CSS; Guias_estilo; imaxes_web; origenes_animacion; tags_audiencias; tema2_proceso_traballo; tema4.linguaxes; tipografia_web; mapa_Web_2_0.
marotlo