GUIÓN
Introducción
- Presentación de Facebook, Tuenti e Twitter: puntos fortes e debiles de cada rede.
- Presentación das caracteristicas que unha paxina web debe ter, para o seu uso sinxelo.. “No me hagas pensar” “Intuitivas”.
- Explicar de xeito breve como desenvolveremos o noso traballo.
- Concepto de rede social.
Obxectivos
- Descubrir cales son as redes sociais de maior facilidade de uso, mediante unha análise comparativa entre estas.
- Reflexionar en que medida os servizos que ofrecen son mais ou menos sinxelos de usar.
Desenvolvemento
- Analizar se os criterios de facilidade de uso se cumplen nestas páxinas.
- Comparar en que páxinas estes criterios se cumplen en maior/ menor medida.
Conclusións
- Chegar a unha conclusión acerca de que modelo de deseño xeral siguen estas redes sociais.
- Reflexión acerca da relación: velocidade de acceso- facilidade de acceso – deseño da páxina.
- Concluir que elementos debe conter unha páxina para que sexa o máis facil de usar posible e seleccionar cal destas tres paxinas cumple mellor os requisitos de facilidade de uso.
Introducción
Neste traballo presentaremos tres redes sociais diferentes: Facebook, Tuenti e Twitter co fin de analizar que características permiten que sexa máis sinxelo ou máis dificil empregar unha ou outra. Para empezar sería importante sinalar o concepto de rede social:
Unha rede social é unha comunidade na cal, un número inicial de participantes envían mensaxes a membros da sua propia rede social invitándoos a unirse ó sitio. Os novos participantes repiten o proceso, crecendo o número total de membros. Os sitios ofrecen características como notificacións acerca da actividade dos membros da tua rede, invitacións a eventos entre membros, compartir fotografías, musica ou video, etc.
As redes sociais informáticas buscan fomentar as relacións sociais e para iso valénse das chamadas tres C’s:
- Comunicación (axudan a poñer en común coñecementos)
- Comunidad (axudan a encontrar e integrar comunidades)
- Cooperación (axudan a facer cousas xuntos)
Estes tres puntos son os responsables de que as redes sociais en internet se estean a converter nun elemento básico de integración social, xa que ser socio destas, implica unha mellor integración dentro do teu grupo de amigos ou de traballo. É dicir, por poñer un exemplo, se se organiza un evento como unha cena de traballo e as notificacións son enviadas a través desta rede, unha persoa que non este integrada non estará o día do que pasa ó seu redor na vida real, desta maneira estase a difuminar a liña entre o espazo online e o espazo real.
No noso traballo escollimos estas tres redes sociais, por ser as máis empregadas nos ámbitos nacional e internacional. Cada unha destas redes cumple unha función diferente pero o que nos interesa tratar é en que medida son fáciles de empregar calquera delas. Empecemos por sinalar os puntos fortes e débiles de cada unha:
Facebook: É a rede social de maior difusión no ambito internacional e conta cuns 350 millóns de usuarios en todo o mundo. Permite intercambiar fotos, videos, posúe unha gran cantidade de aplicacións nas cales che permite xogar online e gratuitamente cos teus contactos da rede. Facebook naceu como un proxecto duns estudiantes de informatica nunha universidade de EEUU co fin de estar conectados entre si e pouco a pouco acabou por converterse na rede social máis importante a nivel mundial por ser a máis difundida.
Tuenti: Esta rede é de moi recente creación e é accesible só por medio dunha invitación. Podemos decir que Tuenti é o Facebook español, xa que é a rede que maior crecemento sufriu neste país pola súa rapida difusión entre sobre todo universitarios e estudantes de nivel de secundaria. Conta cuns 6 millóns de usuarios un numero moi inferior o de Facebook pero estimase que mentres as conexións a Facebook son de 45 minutos as de tuenti rondan á hora ou duas horas. As características son semellantes as de Facebook pero posúe abundantes deficiencias en relacion a este no que se refire ós elementos da paxina.
Twitter: Esta ultima rede social da que trataremos no noso traballo caracterízase porque reduciu o concepto de “rede social” ó intercambio de mensaxes en tan so 140 caracteres,é dicir twitter permite informar os membros da tua rede do que estas a facer en cada momento de xeito moi breve. O numero de usuarios de Twitter é de 50 millons en todo o mundo sendo en España de 3 millóns. Twitter só permite subir imaxes a traves de paxinas externas e creando links externos o que é un punto negativo en canto ó tema da facilidade de uso. É a rede que maior difusión sufre entre xente famosa e a que permite agora á calquer usuario coñecer que estan facendo nese mesmo momento os seus actores, cantantes ou estrelas favoritas con un só click.
Despois de presentar estas redes de xeito breve procederemos agora a desenvolver o noso traballo no cal faremos unha comparativa entre estas redes facendo fincape en que elementos teñen en comun e en que se diferencian, amosando sempre cal é máis facil de usar. Hai que ter en conta que para que unha páxina sexa facil de usar debe posuír duas características fundamentais:
- Non facer pensar: o usuario da páxina cando quere exectuar una acción non quere ter que verse envolto en moitos rexistros, non quere ter que pensar moito o que facer, senón que a maioria de usuarios queren unha resposta inmediata.
- Intuitividade: esta segunda característica esta relacionada coa anterior, e refírese a que o usuario debe saber de antemán sen ter que buscar moito donde clickar en función do que queira facer.
Por tanto á hora de construir calquera paxina web ou neste caso rede social debemos ter en conta en que redes estas caracteristicas se cumpren e en cales non.
Ferramentas das redes sociais
As ferramentas que proporcionan en xeral as redes sociais en Internet son:
- Actualización automática da libreta de direccións
- Perfís visibeis
- Capacidade de crear novos enlaces mediante servizos de presentación e outras maneiras de conexión social en liña
Clasificación das redes sociais segundo unha axencia española
GENERALES:
- Facebook
- Hi5
- Netlog
- Ning
- Twitter
FANS
- Jugones: Xbox Live, Viciaos
- Bloggers: Alianzo, Bitacoras
- Música: RedKaraoke, MySpace , Nvivo
- Libros: Librofilia, Dejaboo
- TV/Películas: Catódicos, Mysofa
- Genealogía: Genoom, Kindo
- Gastronomía: TVCocina, Descorchados , Vinogusto
- Viajes: minube, Wolpy
- Moteros: Moterus, eburra
- Deportes: Incondicionales, Servifutbol
ESTADOS VITALES
- Jóvenes: Tuenti, Wamba
- Padres: Lazoos, Pequelia
- Abuelos: Abuelos en la red
- Salud: Vi.vu
- Vecinos: Mapalia, Guadalinfo
CONTENIDOS
- Fotos: Flickr, Fotolog
- Links: del.icio.us, Menéame
- Tiendas: 11870, Salir
- Vídeos: Youtube, Dalealplay
PROFESIONALES Y ACTIVISTAS
- Profesionales: Linkedin, Xing
- Activistas: Change.org, Tuplanet
- Innovación abierta: ideas4all
- Programadores y diseñadores: Domestika, NotasWeb
- Políticos: Las Ideas, Red Liberal, IloveIU
Conclusións
Tuenti:
Unha vez pasada esta pantalla entramos no índex, O elemento principal do índex, como o das redes sociais que analizamos centra a súa atención nas novas e actualizacións dos membros da comunidade (ocupan a parte central).
No lateral esquerdo a información básica do perfil (Nome e acontecementos que te incumben), e eventos próximos, e á esquerda un chat cós contactos.
É un bo exemplo do que se falou antes “non me fagas pensar”. O usuario non ten que realizar moitas accions nin clickar demasiado pra acadar a que quere. As opcións máis recorrentes están nos laterais e no centro da paxina, e unha serie de opcións máis secundarias teñen o seu acceso na barra de botóns superior.
Facebook:
Pantalla de ingreso máis atractiva aínda que esixe máis atención ao usuario e desviar a mirada dos outros elementos, que a primeira vista parece irrelevantes neste momento.
Unha vez dentro, o novo usuario desta rede pode verse envolto nun caos de contidos e accesos porque o deseño da paxina non é qe se poida chamar precisamente “ergonómico”, senón que está excesivamente sobrecargado de tarefas e publicidade.
Esta e unha gran diferenza con tuenti, que aínda que seguen o mesmo esquema, éste reduce as dimensións da pantalla para non facer scroll continuamente, mentres que facebook prefire ampliar as súas dimensión e amosar máis contidos pero isto vai en contra dun principio básico de usabilidade, facer traballar ao internauta o menos posible.
Ademais a cantidade excesiva de opcións e tarear pode confundir ao usuario de tal forma que cando precise dalgunha en concreto pode que teña dificultades para atopala.
Certo é que en relación coas outras dúas redes que analizamos posúe moitas máis funcións, actividades e xogos online que poderiamos chamar “sociais” (xa que os demais membros da rede poden xogar de forma interactiva e cooperativa ás veces), aínda que se somos rigorosos, non son funcións esenciais e básica que unha rede social debe cumprir.
Twitter:
En contraposición a Facebook, Twitter amosa a meirande sinxeleza á que podemos chegar exprimindo o concepto de rede social.
Unha pequena barra de menú na parte superior dereita e unha columna central na que aparecen ligados as novidades referentes aos membros e amigos que teñamos na rede xunto coa nosa propia información de perfil e opcións básicas son a columna vertebral desta singular rede. Probablemente poidamos falar da rede máis ergonómica, xa que o espazo está adaptado ás necesidades do usuario, posúe os elementos que máis trascendentes lle resultan nun lugar central no cal pon a vista cando entra na páxina sen ter que desviar a vista a un lateral ou a outro para atopar as opcións que precisa máis a miudo.
O usuario non pensa, ten todo á vista e de fácil acceso, menos traballo e polo tanto máis rapidez de uso.
¿Pra que encher a páxina de funcións extrafalarias e trapalladas diversas se o usuario só precisa unha serie de funcións básica e primitivas? Premio.
Conclusións
- Modelo xeral:
Aínda que os tonos son diversos, as tres redes que comparamos teñen un punto en común, a cor azul. Dende un azul máis relexante e disimulado de facebook e twitter aos distintos tons de azul que emprega tuenti.
A parte central está habitualmente adicada ás novas e actualizacións recentes acontecidas na rede e aos membros da mesma, xa sexa con comentarios nos taboleiros persoais, novas fotos, etc.
Nos laterais, próximos ao centro, as funcións esenciais que o usuario emprega con maior frecuencia, aínda que con diferenzas no seu deseño e na ergonomía do espazo.
Por último, unha barra superior de botóns que adoitan presentar as mesmas funcións; o inicio, o perfil persoal, a bandexa de entrada de mensaxes privados e a opción de buscar máis xente na rede.
- Relación velocidade de acceso-facilidade-deseño:
Tuenti: boa rapidez de acceso, boa facilidade e bo deseño; unha rede equilibrada.
Facebook: lenta para acceder a ela, a facilidade para novos usuarios é reducida pero conforme o uso reiterado de facebook, vanse aprehendendo as súas funcións, e por último o deseño é quizais algo sobrecargada.
Twitter: Boa velocidade de acceso, enorme facilidade de uso aínda que cun deseño que pode parecer excesivamente simple ao lado das outras dúas.
- Elementos para maior facilidade de uso:
- Accesos directos ou iconas ás opcións sen ter que facer moitos clicks.
- Subida de fotos, videos... de forma múltiple, sen que reduza en exceso a velocidade de procesamento.
- Posibilidade de contacto inmediato ou practicamente inmediata cos outros membros da rede (social – sociedade – socialización).
No hay comentarios:
Publicar un comentario