Neste traballo de David Olaya e Esteban tratouse a relación dos títulos de crédito co deseño gráfico e a súa capacidade de evocación da audiencia. Hai que diferenciar os títulos de apertura dos intertítulos usados no cine mudo, que servían para explicar o que ocorría na película.
A exposición desenvolveuse dun modo entretido, con exemplos que explicaban o que se estaba dicir como o de "Intolerancia" ou "Vertigo". Un dos exemplos o de "Intolerancia" de Griffith, que se fixeron cunha impresora óptica, querendo ser un modo de dar prestixio á película. Como curiosidade cabe destacar que Hitchcok comezara a súa carreira como grafista de títulos de crédito.En "Vertigo" traballou con Saul Bass creando unhos títulos de crédito que por si sós fan alusión a como se desenvolverá á película posteriormente, teñen un claro enlace argumental e cheo de simbolismo.
Nos anos 60 consolidouse unha división nos titulos de crédito unha secuencia de obertura da película e o roll do final que nos mostra tódolos actores e persoas que participaron na montaxe da película.
No que se refire á relación coa tipografía comézanse a usar tipografías brancas sobre fondo negro pero coa súa evolución había que marcar que persoas aparecían no filme por tanto os títulos créditos gañaron máis importancia.
Hai directores como Copolla, Woody Allen e Fellini que rexeitan os títulos de crédito moi rechamantes e usan títulos simples que seguen coa tónica de branco e negro, máis sobria e elegante.
A introducción de obxectos nos titulos de crédito ten o seu maior exemplo en Seven permite introducir ó espectador moito mellor na atmósfera da película.
Os titulos de crédito pasaron logo a ser un logotipo da película, estilo a que se usaba no western.
Pareceunos curiosa á creación de personaxes como a pantera rosa por Fitz Frelleng que tamen facía títulos de credito.
Gustounos moito o video final dos titulos de credito feito polos nosos compañeiros. Foi un montaxe moi traballado e un bo resumo da historia dos titulos de credito e das súas distintas tipoloxías.
Aleee olaya con "y" como os vea!!:)) se lo voy a decir!:)
ResponderEliminarCompartimos la crítica del trabajo.
Besos yogurines!
jajaja bueno perdon a Olalla, un fallito lo tiene cualquiera :)
ResponderEliminar