domingo, 24 de enero de 2010

Comentario da exposición: Animación

Radical cambio con respecto a todas as exposicións anteriores, como se dunha arma de dobre filo se tratase. Por unha banda a posibilidade de que a nova experiencia poida dar un enfoque máis amable e máis relaxado a un tema con tanta historia e técnica como é a animación e os seus distintos tipos; pero por outra banda correr o risco de que, coas circunstancias nas que se deu (a falta de tempo pola desafortundamente mala distribución dos tempos das exposicións anteriores) puidera facer que os asistentes puidesen considerar que un video de 40 minutos se fixera algo longo para estar cos ollos fixos nun punto coma se dun documental se tratase.

Na miña opinión a segunda opción queda descartada polo tratamento divertido e hilárico con que se tratou o tema da animación, que a priori poida parecer un tema asequible, pero que leva dentro de si un grande trasfondo, moita historia, técnica, tecnoloxía, personaxes... vamos, que non se fai nunha tarde (creo).

Quizáis a parte que máis atención me fixo prestar fora a dos debuxos animados, talvez por ser algo tan propio de nós e que de nenos tanto adorabamos que é imposible renegar diso. Porén, a animacion dixital, e a idolatrada animación con plastilina de Raquel (un hobbie verdadeiramente interesante), fan que pequenos imprevistos de son pasen desapercibidos.

Foi unha pena que non dera tempo a pasar o video final na clase, pero é digno de ver, por favor que ninguén o deixe de ver.

6 comentarios:

  1. Quedamos definitivamente o mércores 7 de abril, a partir das 16:30 para, en primeiro lugar, subir os proxectos ó servidor e, a continuación, facer a presentación da páxina: que fixestedes, cómo a fixestedes, por qué a fixestedes e dificultades. Unha breve presentación para que despois se poidan avaliar cada proxecto individualmente (nada de grupo).
    Tampouco vou esquecer revisar os blogs e ver se fustedes incorporando os resumos de cada exposición.
    As titorías neste cuadrimestre son: martes, de 18:00 a 20:30 e mércores, de 10:30 a 14:00 horas.
    Lembrade tamén de usar o meu correo electrónico, e o de Fran para dúbidas sobre flash.
    Os días 8, 9, 10, 15, 16 e 17 polas tardes, Fran andará (bó os dous) pola Facultade.
    Se precisades que quedemos nalgún momento algunha clase máis, non habería problema. só temos que poñernos dacordo todos e todas.
    ánimo
    marotlo, (23/02/10)

    ResponderEliminar
  2. Último e definitivo cambio.
    Cita: luns, día 12 de abril, ás 16:30, na AI6.
    Programa de festas:
    1. subir os proxectos ó servidor
    2. facer a presentación da páxina (que fixestedes, cómo a fixestedes, por qué a fixestedes e dificultades). Unha breve presentación o magnífico traballo realizado (para un sobresaliente)
    3. avaliar cada proxecto individualmente e poñendo unha nota real, non de amigos.
    marotlo (25/2/10)

    ResponderEliminar
  3. Quero que nos vexamos como mínimo 4 veces, antes da entraga do proxecto, para que me comentedes como vai o traballo. En titorías ou noutro momento que estea pola facultade e non teña clase. Podemos fixar as citas a través do correo electrónico.
    marotlo

    ResponderEliminar
  4. estou dacordo con vos, o video reflexa un gran traballo e esforzo.
    non imos negar que nalguns momentos a mala calidade do son fixeran difcultosa a comprension do mesmo e que ao mellor se fixera demasiado longo pero foi unha alternativa moi interesante

    ResponderEliminar
  5. Antes de dar paso ás calificacións, agradecervos o voso esforzo, o voso traballo e a vosa paciencia, aínda que sempre hai algunha persoa que destaca por todo o contrario.
    En liñas xerais, os proxectos esixíronvos ideas, tempo e considerables enfrontamentos cos programas. Por suposto, tamén aquí hai graos a pesar de que se supuña que eran traballos en equipos. Non todos os mebmros dos equipos responden da mesma maneira. Pero isto tamén se percebe.
    Moitas grazas pola vosa colaboración, obrigatoria, eso sí, pero colaboración e interese demostrado, ó fin e o cabo.
    En xeral, houbo dinamismo, creatividade e ganas de facelo ben.
    Só desexo que podades cumprir metas e obxectivos.
    marotlo

    ResponderEliminar
  6. Debido a ciertos problemas con la web SMDb, que mañana viernes, cuando volvamos a subirla, ya estarán solucionados, sus responsables os rogamos que consideréis para la valoración su versión definitiva, si no es demasiada molestia o ya la habéis publicado y pasais de cambiarla. Gracias de antemano.

    ResponderEliminar